[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Forza Aérea Colombiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Forza Aérea Colombiana
Fuerza Aérea Colombiana
Emblema da Forza Aérea Colombiana.
Activa15 de febreiro de 1921
País Colombia
Tipoforza aérea
Papelguerra aérea
Tamaño13 650 efectivos[1]
270 naves[2]
Parte deForzas Militares de Colombia
Alcume(s)FAC
Lema(s)en latín: Sic Itur ad Astra "Así se vai ás estrelas"
en castelán: Somos la Fuerza
MarchaHimno da Forza Aérea Colombiana
Mascota(s)Capitán Paz
Aniversarios8 de novembro
Enfrontamentos
Páxina webfac.mil.co
Comandantes
Comandante da Forza AéreaMaior xeneral Ramsés Rueda Rueda
Subcomandante e Xefe de Estado Maior da Forza AéreaMaior xeneral Jorge Tadeo Borbón
Inspector xeneralMaior xeneral Rodrigo Valencia Guevara
Insignias
Escarapela
Bandeira
Aeronaves utilizadas
Aeronaves de ataqueA-29, A-37, AC-47T
CazasIAI Kfir
HelicópterosUH-60, UH-1, Bell 212, AH-60
Helicópteros de recoñecementoSA2-37A/B, Skymaster C-337H, Super King Air, SR-560, SR-26
Helicópteros de adestramentoT-34, T-41, T-27, T-90, Bell 206,

A Forza Aérea Colombiana é a forza aérea da República de Colombia. A Forza Aérea Colombiana é unha das tres institucións das Forzas Militares de Colombia. Foi encargada de acordo á Constitución de 1991 coa labor de exercer e manter o dominio do espazo aéreo colombiano para defender a soberanía, integridade territorial e a orde constitucional. É unha das forzas aéreas latinoamericanas máis grandes e de maior actividade debido ao seu importante rol na loita contra o narcoterrorismo. No ano 2019, contaba con preto de 13 650 efectivos,[1] é a máis adestrada e con maior experiencia no continente Americano só por detrás da forza aérea dos Estados Unidos.[3][4]

É a única forza aérea a nivel mundial que ten acreditados os seus procesos cos estándares ISO 9001 e NTCGP 1000. A ISO 9001 corresponde ao sistema de xestión da calidade coa norma internacional. O segundo certificado, o NTCGP 1000, corresponde á norma técnica de calidade da xestión pública, como froito da Lei 872 de 2003, que esixe a todas as entidades públicas poñer en funcionamento o sistema de xestión de calidade antes de decembro de 2008.[5]

A FAC ten a distinción de terse empregado en misións de observación e combates aéreos dende a guerra colombo-peruana de 1932. A Forza Aérea Colombiana tamén serviu con distinción durante a segunda guerra mundial nas illas de San Andrés.[6] No marco do conflito armado interno, ningún goberno electo foi destituído pola forza, pois a FAC contribuíu a sufocar múltiples rebelións de orixe terrorista, militar e política.

  1. 1,0 1,1 ¿Cómo está el poderío militar en América Latina? El Espectador. Consultado o 15 de abril de 2021.
  2. Ministerio de Defensa Nacional, Colombia (novembro de 2010). "Logros de la Política de Consolidación de la Seguridad Democrática, 2010" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012-08-03. Consultado o 23 de abril de 2011. 
  3. Ministerio de Defensa Nacional,Colombia (2010-11). "Logros de la Política de Consolidación de la Seguridad Democrática, 2010" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de agosto de 2012. Consultado o 23 de abril de 2011. 
  4. Ministerio de Defensa Nacional,Colombia (2009-11). "Logros de la Política de Consolidación de la Seguridad Democrática, 2009" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2009. Consultado o 23 de abril de 2011. 
  5. Comunicado de la Presidencia de la República (12 de novembro). "Fuerza Aérea Colombiana recibe Certificaciones de Calidad del Icontec". Presidencia. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2011. Consultado o 21 de agosto de 2010. 
  6. Sección de Patrimonio Histórico y Cultural. "La Segunda Guerra Mundial: de la Aviación Militar a la Fuerza Aérea Colombiana". Fuerza Aérea Colombiana. Consultado o 22 de agosto de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]