Flora Gomes
Nome orixinal | (pt) Florentino Gomes |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 13 de decembro de 1949 (74 anos) Tombali, Guinea-Bissau (pt) |
Grupo étnico | Negro |
Educación | ICAIC |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, actor, guionista |
Período de actividade | 1972 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Flora Gomes, nado en Cadique o 31 de decembro de 1949[1] é un director de cinema de Guinea-Bissau.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo os seus estudos de secundaria en Cuba e despois decidiu estudar cinema no Instituto Cubano da Arte e a Industria Cinematográficas da Habana.
Rodado catorce anos despois da independencia, Mortu Nega de Gomes (1988)[2] foi o primeiro filme de ficción e o segundo filme xamais producido en Guinea-Bissau (sendo o primeiro N’tturudu do director Umban u’Kest en 1987). En FESPACO de 1989, o filme gañou o prestixiouso premio Oumarou Ganda. Mortu Nega está rodado en Crioulo de Guinea-Bissau con subtítulos en inglés.
En 1992, Gomes dirixiu Udju Azul di Yonta,[3] que se estreou na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cine de Cannes de 1992.[4]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- 1976 - O Regresso de Cabral (curtametraxe documental)
- 1977 - A Reconstrução, codirixido con Sergio Pina (mediametraxe documental)
- 1978 - Anos no Oça Luta, codirixido con Sergio Pina (curtametraxe documental)
- 1987 - Mortu Nega
- 1992 - Udju Azul di Yonta
- 1994 - A máscara (curtametraxe documental)
- 1996 - Po di Sangui
- 2002 - Nha Fala
- 2007 - As duas faces da guerra, codirixido con Diana Andringa (longametraxe documental)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Flora Gomes en IMDB
- ↑ Mortu Nega en California Newsreel
- ↑ Udju Azul di Yonta at California Newsreel
- ↑ festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: Udju Azul di Yonta". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2014. Consultado o 16 de agosto de 2009.