Fiseteroideos
Fiseteroideos Physeteroidea Cachalotes Rango fósil: oigoceno – presente | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Deseño dun cachalote e o seu esqueleto | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||||||||
Os fiseteroideos (Physeteroidea) son unha superfamilia de cetáceos odontocetos que comprende as tres especies viventes de cachalotes: o cachalote propiamente dito, no xénero Physeter, e o cachalote pigmeo e o cachalote anano, que se inclúen no xénero Kogia.
Tradicionalmente (e algúns autores aínda o fan así) estes dopus xéneros reuníanse nunha mesma familia, d dos fisetéridos, coas dúas especies de Kogia na subfamilia dos Kogiinae, e con Physeter como único representante dos Physetyerinae'.[1]
Porén, a tendencia actual é a de situar o xénero Kogia na súa propia familia, Kogiidae, quedando Physeteridae como unha familia monotípica (cunha única especie existente).[2] Pero Wilson & Reeder, por exemplo,[3] non recoñecen a familia Kogiidae, e clasifican Physeter e Kogia na familia Physeteridae.
Características
[editar | editar a fonte]O cachalote é a especie máis grande dos odontocetos, con machos adultos de 15 a 18 m de lonxitude e entre 45 e 70 t de peso. Porén, as dúas especies do xénero Kogia son moito máis pequenas, con só de 2,5 a 3,5 m de lonxitude e pesos de 350 a 500 kg.
O corpo dos cachalotes é de robustas proporcións, con aletas pectorais anchas, en forma de remo. A mandíbula inferior é relativamente pequena e delgada con respecto á superior. O óso nasal é claramente asimétrico, co orificio nasal (espiráculo localizado no lado esquerdo da cabeza; no cachalote encóntrase cerca da punta da cabeza, mentres que nos integrantes do xénero Kogia está bastante máis lonxe do extremo anterior. Todas as especies teñen un gran número de dentes simples e similares (son homodontos).
No xénero Kogia e algunhas veces tamén en Physeter, os dentes da mandíbula superior non erupcionan e, en ocasións están totalmente ausentes.[4]
cachalote (Physeter macrocephalus) cachalote anano (Kogia sima) | cachalote pigmeo (Kogia breviceps) mergullador duns 1,80 m |
Os ollos dos cachalotes son incapaces de xirar nas súas órbitas, e posúen soamente unha cámara anterior vestixial. É máis probábel que o sentido da ecolocación sexa con moito máis importante que o da visión.[4]
Outra característica común é o espermacete ou esperma ou esperma de balea,[5] unha substancia semilíquida, branca e cerosa que enche o melón da cabeza, que cumpre o papel dun lastre na submersión e no mantemento da flotabilidade, o que se consegue ao facer fluír auga fría a través do nariz, endurecendo así o espermaceti, para mergullarse, e bombeando sangue tépedo para derreter o espermaceti para emerxer. As tres especies somérxense a grandes profundidades para buscar alimento; porén, crese que o cachalote se somerxe moito máis profundamente que as especies do xénero Kogia. As tres especies comen luras, peixes e incluso pequenos tiburóns.[4]
A xestación dura de nove a quince meses, dependendo da especie. As crías únicas permanecen coa súa nai polo menos dous anos antes de seren destetadas. Os cachalotes non alcanzan a madures sexual despois dalgúns anos. Todas as especies congréganse en mandas, constituídas principalmente por femias, crías e xuvenís. Porén, estes grupos son tipicamente máis pequenos nos cóxíidos.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Especies actuais
[editar | editar a fonte]A superfamilia dos fiseteroides foi erixida por John Edward Gray en 1868, e considerada como monofilética por Uhen et al. en 2008 e por Lambert et al. en 2010,[6] estando dividida na actualidade en dúas familias:
- Superfamilia Physeteroidea
- Familia Kogiidae
- Xénero Kogia
- Familia Physeteridae
- Xénero Physeter
- Familia Kogiidae
Taxons existentes e desaparecidos (resumo)
[editar | editar a fonte]- Physeteroidea, cachalotes sensu lato
- Phyhyseteroidea primitivos
- Diaphorocetus †
- |Acrophyseter †
- Zygophyseter †
- Brygmophyseter (= Naganocetus) †
- Aulophyseter †
- Livyatan melvillei
- Physeteridae
- Physeter
- Physeter macrocephalus — cachalote
- Orycterocetus †
- Ferecetotherium †
- Helvicetus †
- Idiorophus}} †
- Placoziphius †
- Idiophyseter †
- Physeterula †
- Physeter
- Kogiidae
- Kogia, cachalotes pequenos
- Kogia breviceps — cachalote pigmeo
- Kogia sima — cachalote anano
- Aprixokogia †
- Kogiopsis †
- Praekogia †
- Scaphokogia †
- Kogia, cachalotes pequenos
- Phyhyseteroidea primitivos
Filoxenia
[editar | editar a fonte]o Physeteroidea ├?─ † Ferecetotherium kelloggi ├?─ † Helvicetus rugosus ├?─ † Ontocetus oxymycterus ├?─ † Brygmophyseter shigensis ├──o † Hoplocetinae │ ├──o † Scaldicetus │ ├──o † Idiorophus │ ├──o † Diaphorocetus poucheti │ └──o † Hoplocetus └──o ├──o │ ├──o † Zygophyseter varolai │ └──o † Brygmophyseter shigensis └──o ├──o † Aulophyseterinae │ └──o † Aulophyseter └──o ├──o Kogiinae │ ├?─o † Miokogia elongatus │ ├?─o † Kogiopsis floridana │ ├──o † Praekogia cedrosensis │ ├──o † Scaphokogia cochlearis │ └──o Kogia └──o Physeterinae ├──o † Placoziphius duboisii ├──o † Orycterocetus └──o ├──o † Idiophyseter merriami └──o ├──o † Physeterula dubusii └──o Physeter
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ James G. Mead e Robert L. Brownell Jr., "Order Cetacea", ens Don E. Wilson e DeeAnn M. Reeder (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. Ver en liña.
- ↑ "Tree of Life". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2016. Consultado o 21 de agosto de 2013.
- ↑ "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Lockyer, Christina (1984). Macdonald, D., ed. The Encyclopedia of Mammals. New York: Facts on File. pp. 204–209. ISBN 0-87196-871-1.
- ↑ Véxase aquí Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. 2ª acep. de esperma no dicionario da RAG
- ↑ "Paleobiology Database". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 21 de agosto de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Fiseteroideos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Physiteroidea Arquivado 06 de maio de 2016 en Wayback Machine. en Tree of Life (en inglés)
- Physiteroidea Gray, 1868 Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine. en Paleobiology Database (en inglés)