[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Filipe II de Tarento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFilipe II de Tarento
Biografía
Nacemento1329 Editar o valor en Wikidata
Morte25 de novembro de 1373 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Taranto, Italia Editar o valor en Wikidata
King of Albania (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPríncipe de Acaia Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Anjou-Taranto (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeElizabeth of Slavonia (1370 (Gregoriano)–)
María de Calabria (1355 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
PaisFilipe I de Tarento Editar o valor en Wikidata  e Catarina de Valois-Courtenay Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoan of Anjou, Queen of Armenia
Margaret of Taranto
Roberto de Tarento
Louis, Prince of Taranto
Filipe Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Filipe II de Anjou-Sicilia ou Filipe II de Tarento (en italiano: Filippo II dei Taranto, francés: Philippe II de Tarente, grego: Φίλιππος Β΄ του Τάραντα), nado en 1329 e finado en Tarento o 25 de decembro de 1374, foi príncipe de Acaia e Tarento, e emperador titular de Constantinopla (como Filipe III), fillo de Filipe I de Tarento e Catarina de Valois-Courtenay.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi fillo do príncipe Filipe I de Tarento e da emperatriz Catarina II de Valois. Os seus avós paternos eran o rei Carlos II de Nápoles e María de Hungría. Os seus avós maternos eran o conde Carlos de Valois e a súa segunda esposa, a emperatriz Catarina de Courtenay.

Foi levado como prisioneiro a Hungría en 1332 polo rei Lois I de Hungría. Foi Vigairo xeral da Provenza en decembro de 1355. O seu irmán Roberto nomeouno sucesor dos seus dereitos en Grecia, e á súa morte en 1364 asumiu os títulos de emperador de Constantinopla e príncipe de Acaia. Desafiado en Acaia pola viúva do seu irmán, que estaba na efectiva posesión da maior parte do país, estalou a guerra civil que só se resolveu en 1370, cando María de Borbón lle vendeu os seus dereitos por 6.000 floríns, malia que Filipe era aínda capaz de tomar posesión física de só unha pequena parte do principado. Reclamou os principados de Salerno e Bari, e o condado de L'Aquila en 1371.

Tras a execución do seu primo Carlos de Durazzo, en 1348, sucedeuno como rei de Albania. En abril de 1355 casou con María de Calabria, filla de Carlos de Calabria, e de María de Valois. Isto fíxoo cuñado da raíña Xoana I de Nápoles.

En 1364, sucedeu como emperador titular de Constantinopla, e príncipe de Acaia e Tarento á morte do seu irmán máis vello, Roberto.

A súa esposa María morreu en 1366. O 20 de outubro de 1370 Filipe tomou como segunda esposa a Isabel de Eslavonia, filla de Estevo de Hungría, antigo herdeiro presunto ao trono de Hungría. En 1373, renunciou aos seus dereitos sobre o Principado de Acaia á raíña Xoana I de Nápoles. Morreu o 25 de novembro de 1374 en Tarento.

Todos os seus fillos morreran novos. O seu herdeiro era o fillo da súa irmá Xaime de Baux, duque de Andría.

Matrimonios

[editar | editar a fonte]

Coa súa primeira esposa, María de Calabria, Filipe tivo cinco fillos:

  • Filipe (1356).
  • Carlos (1358).
  • Filipe (1360).
  • Un neno (1362).
  • Un neno (1366).

Coa súa segunda esposa, Isabel de Eslavonia, Filipe tivo:

Devanceiros

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]