[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Figa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xesto da figa

A figa é un xesto e orixinalmente un amuleto italiano, chamado Mano Fico, tamén foi utilizado polos etruscos e na época da Roma antiga. O amuleto con esa forma de man pechada co polgar entre o índice e o dedo maior, é usado tradicionalmente como protección contra o mal de ollo, meigallos ou feitizos, contra a envexa ou as doenzas, ou como adorno.[1][2]

O aceno ten diversos significados e interpretacións segundo as diversas culturas, como esconxuro, insulto, burla ou xogo, e na lingua de sinais americana representa a letra T.

Orixe e etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Figa deriva do latín tardío *fica > ‘vulva’. É a representación dos xenitais femininos, principalmente o clítoris e estaba asociado coa fertilidade e o erotismo.[3] Ese termo é unha derivación de ficus, usando o froito da figueira como metáfora do sexo feminino.[4]

En Italia este sinal, coñecido como "fica" ou "far le fiche ", debido á súa semellanza co clítoris, era un xesto común e moi rudo nos séculos pasados, semellante ao dedo medio.

O xesto tamén é mencionado por Dante no canto vixésimo quinto do Inferno da Divina Comedia nas liñas 1-16, onde a alma de Vanni Fucci realiza este xesto como un acto de blasfemia contra Deus.[5]

Colar da boa fortuna feito de ouro, da época helenística. Exhibese no Museo de Arqueoloxía de Eskişehir, Turquía. Hoxe a figa é un xesto ofensivo para o pobo turco.

Significado en diversas culturas

[editar | editar a fonte]
  • En Turquía este sinal, coñecido como "nah", é un xesto moi coñecido e moi ofensivo.[3]
  • En Rusia este aceno, coñecido como "фиг тебе" (pronunciado "fik tibie") ou "фиг [тебе] с маслом" (pronunciado "fik [tibie] s maslam"), é un xesto moi ofensivo e usado para negarlle algo a alguén, rirse de quen non conseguiu o que quería, ou demostrarlle a alguén que non conseguirá nada.

Galería de fotos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "figa". Digalego.xunta.gal. Consultado o 3 de setembro de 2024. 
  2. "figa". Dicionario de Real Academia Galega. Consultado o 2024-09-03. 
  3. 3,0 3,1 Pai Paulo de Oxalá. "Figa, seu uso no dia a dia". 
  4. "HIGO". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2024-09-03. 
  5. Francesco Bonomi. "Vocabolario Etimologico della Lingua Italiana". Consultado o 14 de abril de 2021. 
  6. Gauisa, Casa de Caridade (2021-07-08). "De Onde Vem a Figa?". Casa Caridade Gauisa (en portugués). Consultado o 2024-09-03. 
  7. Enachev, Rogério (2011-10-26). "10 gestos comumente mal interpretados no exterior". Louco por Viagens (en portugués). Consultado o 2024-09-03. 
  8. "A cara – Orella pendella". Consultado o 2024-09-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]