[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Festival Internacional de Televisión de Edimburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Festival Internacional de Televisión de Edimburgo (Edinburgh International Television Festival), fundado en 1976, é un festival internacional de televisión que se celebra anualmente a fins de agosto no Edinburgh International Conference Centre de Edimburgo destinado aos profesionais da industria da televisión que acoden previo rexistro e o pagamento dunha cota.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

Dentro do festival realízanse unhas 60 sesións con prominentes personalidades da televisión e que cobren diferentes aspectos da televisión, pero sobre todo o festival coñécese pola James MacTaggart Memorial Lecture, unha conferencia maxistral ditada por importantes e controvertidas figuras do medio e que teñen un impacto considerable dentro da industria televisiva británica[1].

  1. Bob Franklin Television policy: the MacTaggart lectures, p. 2

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Web oficial do Festival