Fahrenheit 9/11
Fahrenheit 9/11 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Fahrenheit 9/11 |
Director | Michael Moore |
Produtor | Michael Moore Jim Czarnecki Kathleen Glynn Monica Hampton Harvey Weinstein Bob Weinstein |
Guión | Michael Moore |
Intérpretes | Michael Moore |
Distribuidora | Lions Gate Films IFC Films Dog Eat Dog Films Miramax Films |
Estrea | 2004 |
Duración | 122 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | $6,000,000[1] |
Na rede | |
http://www.fahrenheit911.com/ | |
Fahrenheit 9/11 é unha película documental estadounidense dirixida por Michael Moore e estreada en 2004. Fala sobre as causas e consecuencias dos atentados do 11 de setembro de 2001 en Estados Unidos, facendo referencia á posterior invasión de Iraq liderada por ese país e Gran Bretaña. Ademais, intenta determinar o alcance real dos supostos vínculos entre as familias do presidente dos Estados Unidos no momento dos atentados, George W. Bush, e os Bin Laden, adiñeirada familia de Osama bin Laden.
Características
[editar | editar a fonte]O título da película fai referencia ao libro Fahrenheit 451 (233 °C, temperatura á que arde o papel), escrito en 1953 por Ray Bradbury, e tamén ós atentados do 11 de setembro de 2001 (en Estados Unidos a convención para representar día e mes consiste en colocar primeiro este último, polo que "11 de setembro" adóitase escribir como "9/11").
Suxerindo "a temperatura á que arde a liberdade", este documental fai fincapé na relación entre a familia Bush e persoas próximas a ela, con eminentes membros de familias de Arabia Saudita (incluída a familia de Bin Laden) nunha relación que se estende durante máis de trinta anos, así como a evacuación de familiares de Osama bin Laden organizada polo goberno de George W. Bush logo dos ataques do 11 de setembro. Aínda que devandita relación de negocios entre os clans Bush e Bin Laden non é discutida, a mesma non é amplamente coñecida.
A partir de aí, a película dá pistas sobre as verdadeiras razóns que impulsaron ó goberno Bush para invadir Afganistán en 2001 e Iraq en 2003, accións que, segundo Moore, corresponden máis á protección dos intereses das petroleiras norteamericanas que ó desexo de liberar os respectivos pobos ou evitar potenciais ameazas. O documental insinúa que a guerra con Afganistán non tiña como principal obxectivo capturar ós líderes de Al Qaeda senón favorecer a construción dun oleoduto, e que Iraq non era no momento da invasión unha ameaza real para Estados Unidos senón unha fonte potencial de beneficios para as empresas norteamericanas.
Premios e vicisitudes
[editar | editar a fonte]A película foi premiada no Festival Internacionl de Cine de Cannes de 2004, obtendo a Palma de Ouro, o galardón de maior relevancia entregado por aquel festival. O último documental en recibir este premio fora The Silent World de Jacques Cousteau e Louis Malle fai 48 anos.
Nun principio, esta película ía ser distribuída por Icon Productions. Con todo, Fahrenheit 9/11 foi máis adiante acollida por Miramax cando Icon renunciou ós dereitos de distribución do filme en maio de 2003, alegando conflitos de imaxe aínda que aseguraba que a súa decisión non estaba influída por motivos políticos. Miramax distribuíra anteriormente outra película de Moore, The Big One, en 1997.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Fahrenheit 9/11 (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)