Extensión
Aparencia
En informática, a extensión do nome dun ficheiro apareceu no sistema operativo MS-DOS para diferenciar os diferentes tipos de documentos segundo o seu contido. Naquela altura, os nomes de ficheiro podían ter como máximo oito caracteres para o nome mesmo, e outros tres para a extensión (separada do resto por un punto, como por exemplo autoxec.bat).
Tipos
[editar | editar a fonte]Algunhas das extensións máis coñecidas daquela eran:
- EXE , COM : Ficheiros executábeis;
- BAT : Ficheiro batch (de grupo de comandos), equivalente a un script;
- TXT : Ficheiro de texto sen formato;
- SYS : Ficheiro necesario para a execución do sistema operacional.
Innumerables tipos foron aparecendo:
- imaxes: BMP (imaxe en mapa de bits), JPG (ou JPEG, comprimida), PNG (comprimida), TIFF, SVG (vectorizada), GIF (animada)
- documentos de Office: DOC para Word, XLS para Excel e MDB para Access
- PDF para Adobe
- son: MP3
- vídeos: AVI, FLV, Ogg, MP4
A estrutura interna dos documentos debe corresponder coa súa extensión para que non se produzan problemas.
O xeito de escribir as extensións é con maiúscula ou minúscula, precedida ou non de punto:
- sys
- .sys
- SYS
- .SYS
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- dotwhat.net, recursos e información sobre as extensións e os tipos de ficheiro (en inglés)