[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Forzas Armadas do Reino Unido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Exército británico»)
Forzas Armadas do Reino Unido
Tipoforzas armadas
Data de fundación1707
Organización subsidiariaHis Majesty's Naval Service, Exército Británico e Royal Air Force
PaísReino Unido
Na rede
Facebook: ukarmedforces Twitter: armyjobs Youtube: UCnwgjTVObrm6SuUvJ9QyhwQ Musicbrainz: b8a70e59-3dab-42d6-a0a5-0c41dba0e591 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

As Forzas Armadas do Reino Unido, coñecidas como as Forzas Armadas británicas ou Forzas Armadas da Súa Maxestade, e ás veces de forma oficial como as Forzas Armadas da Coroa, abarca unha mariña de guerra (a Mariña Real Británica), un exército (o Exército británico), e unha forza aérea (a Royal Air Force). O seu Comandante en Xefe é o monarca británico. En total as forzas armadas británicas contan con 512 630 combatentes.

A historia militar británica é longa, complexa e moi influente na historia mundial, especialmente desde o século XVII. Conflitos importantes nos que os británicos tomaron parte son a Guerra dos Sete Anos e as Guerras Napoleónicas do século XVIII e principios do século XIX, a Guerra de Crimea na metade do século XIX e a primeira e segunda guerra mundial do século XX. O Imperio británico, o cal alcanzou o seu auxe nos anos 1920. Desde o final da segunda guerra mundial, as Forzas Armadas británicas seguiron estando moi activas e conservan bases que se estenden ao redor do mundo en lugares como Chipre, Alemaña, Xibraltar, Brunei e as illas Malvinas.

A estrutura actual da dirección da defensa no Reino Unido empeza en 1964 cando o moderno ministro de Defensa (MoD) foi creado (unha forma máis evolucionada da que existía desde 1940). O ministro de Defensa asume as funcións de almirante, ministro da Guerra e ministro do Aire.

Principais invasións e guerras

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.