[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Estevo Radoslav

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEstevo Radoslav

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1192 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte1234 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Mosteiro de Studenica, Serbia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Studenica (pt) Traducir 43°29′11″N 20°31′54″L / 43.4864, 20.5317 Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa serbia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Nemanjić Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAnna Angelina Komnene Doukaina Editar o valor en Wikidata
PaisEstevo Nemanjić Editar o valor en Wikidata  e Eudóxia Angelina Editar o valor en Wikidata
IrmánsKomnena Nemanjić
Sava II de Serbia
Estevo Vladislav I
Estevo Uroš I Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Estevo II Radoslav Nemanjić, Stefan II Radoslav ou Stefan Radoslav (en serbio latino Stefan Radoslav, en serbio cirílico Стефан Радослав), nado en 1192 e finado en 1235, foi rei de Serbia de 1228 a 1233.[1][2]

A historiografía moderna considera que o seu reinado careceu de importancia, e que foi tutelado politicamente polo Despotado de Epiro.[3]

Radoslav era o único fillo coñecido de Estevo I Nemanjić e a súa primeira esposa, Eudoxia Anxelina.[4] Os seus avós maternos foiron Aleixo III Anxo, emperador bizantino e Eufrósine Ducas. O seu avó paterno foi Estevo Nemanja, considerado o fundador do reino medieval serbio. Segundo os informes, tivo dúas irmás. A súa irmá Komnena casou con dous príncipes de Albania, primeiro con Dhimitër Progoni e, en segundas nupcias, con Grigor Kamona. Da outra irmá non hai referencias fiábeis, aínda que presuntamente casou co Sebastokrator Alexander Asen.[4]

De acordo con O reino dos eslavos (1601) de Mavro Orbin, Stefan Radoslav exerceu como gobernador de Zachlumia durante o reinado de Estevo II Nemanjić. Porén outras fontes sobre a historia de Zachlumia non identifican o seu nome.

Algunhas fontes sinalan tamén a Radoslav en calidade de gobernador do Principado de Zeta tamén durante o reinado do seu pai. Nunha carta datada en 1222 aparece como cofundador xunto ao seu pai do mosteiro de Zica.[4] En 1227, o seu pai abdicou o trono debido a unha enfermidade, e retirouse a un mosteiro. Radoslav sucedeuno no trono e foi coroado rei polo seu tío paterno Sava Nemanjić, arcebispo dos serbios.[4]

Radoslav casou con Teodora Comnena contra 1217. Teodora era filla de Miguel I Comneno Ducas, gobernante do Despotado de Epiro. Despois casou coa súa prima irmá Ana Ducas Anxelina contra 1219/1220. Esta era filla de Teodoro Comneno Ducas, que sucedera ao seu irmán en Epiro. Algúns informes sinalan que o matrimonio tivo un único fillo, aínda que ningún xenealoxista moderno foi capaz de demostrar a súa existencia.[4]

A influencia política de Ana e a súa familia resultaría moi negativa para o reinado de Radoslav, o que socavou a lealdadde do pobo. En otoño de 1233 comezou unha rebelión contra a parella real, o que, a principios de 1234, levounos a fuxir a Ragusa. Alí, Radoslav asinou un documento prometendo privilexios aos mercadores ragusanos, asinando aínda como rei. Mentres tanto, o seu medio irmán máis novo Vladislav asumiu o trono de Serbia.[4]

Tras a súa deposición, Radoslav e Ana retiráronse á vida monástica. O seu nome monástico foi Jovan. Non existe mención documental del despois de 1235, polo que a data exacta e as circunstancias da súa morte son descoñecidas.[4] Os seus restos repousan no mosteiro de Studenica, nas proximidades de Kraljevo.[2]

Predecesor:
Estevo II Nemanjić
Rei de Serbia
12281233
Sucesor:
Estevo Vladislav
  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome reinado
  2. 2,0 2,1 Find a Grave Stefan Radoslav Nemanjic (en inglés) Consultada o 7/2/2012.
  3. Gran enciclopedia Larousse en vinte volumes, Volume 18. Larousse, 1972; páx. 659.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Foundation for Medieval Genealogy Serbia. Stefan Radoslav Consultada o 7/27/2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fine Jr., John Van Antwerp (1994): The Late Medieval Balkans. A Critical Survey from the Late Twelfth Century from the Ottoman conquest. University of Michigan. ISBN 0-472-10079-3

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Páxina sobre o repudio da súa nai en John Van Antwerp Fine, Jr. The Late Medieval Balkans. A Critical Survey from the Late Twelfth Century from the Ottoman conquest, University of Michigan. (en inglés) Consultada o 7/2/12012.