[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Estado Libre de Fiume

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta páxina refírese ó período histórico posterior á Primeira guerra mundial na que a cidade de Rijeka, ou Fiume fora un estado independente. Para a información sobre a cidade moderna de Fiume ver Rijeka.
Modelo:Xeografía políticaEstado Libre de Fiume

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°21′11″N 14°26′34″L / 45.3531, 14.4429
CapitalRijeka Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie28 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación30 de decembro de 1920 Editar o valor en Wikidata
Disolución22 de febreiro de 1924 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porReino de Italia e Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor en Wikidata
• Xefe do gobernoGabriele d'Annunzio Editar o valor en Wikidata
MoedaCoroa de Fiume Editar o valor en Wikidata

O Estado libre de Fiume (croata: Slobodna Država Rijeka, italiano: Stato libero di Fiume, cómpre dicir que tanto Fiume como Rijeka significan río en galego) foi un estado independente que existiu en Fiume (actual Rijeka) entre 1920 e 1924. A cidade sitúase sobre a costa do mar Adriático. Orixinariamente porto de Hungría, Fiume foi obxecto de desputas territoriais entre Italia e Iugoslavia trala primeira guerra mundial.

En 1919, un exército italiano —composto por militares de baixo rango e paramilitares ás ordes do ditador e poeta italiano Gabriele d'Annunzio— ocupou a cidade establecéndoa como Estado soberano desde 1920 a 1924 (a chamada Rexencia italiana de Carnaro). Co ascenso de Mussolini ó poder, tralo golpe de 1922, o Estado libre de Fiume foi ocupado por tropas fascistas. Dous anos máis tarde, a cidade foi anexada a Italia e o territorio adxacente pasou a formar parte de Iugoslavia polo Tratado de Rapallo.

Fiume padeceu un intenso bombardeo por parte dos aliados durante a segunda guerra mundial. Co retiro de Italia do Eixo, as tropas alemás ocuparon a cidade. O 3 de maio de 1945, os partisáns iugoslavos liberaron Fiume da ocupación nazi. Finalmente, en 1947, a cidade foi cedida a Iugoslavia tralo Tratado de París e a poboación de orixe italiana foi evacuada. A partir de entón, Fiume pasou a ser a cidade iugoslava de Rijeka no que actualmente é Croacia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]