[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Estación de Medina del Campo

Medina del Campo
SituaciónMedina del Campo (Valladolid)
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Estrella, Trenhotel
Media distanciaMD, Rexional, Rexional Exprés

A estación de Medina del Campo é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Medina del Campo, na provincia de Valladolid. É un dos principais nós ferroviarios da rede ao confluír nela ata tres liñas férreas. Conta con amplos servizos de media e longa distancia. Cumpre tamén funcións loxísticas.[1]

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación, que se atopa a 724,73 metros de altitude, forma parte do trazado das seguintes liñas férreas:

Tamén formaba parte da desmantelada liña de ferrocarríl que unía Villalba con Medina del Campo, punto quilométrico 092,305.[2]

A estación foi aberta o 15 de setembro de 1860 coa posta en marcha do tramo Medina del Campo-Valladolid da liña radial Madrid-Hendaia.[3] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España, que construíu un edificio para viaxeiros, dous peiraos para mercadorías e un depósito para locomotoras. Con todo, a chegada de novas liñas férreas, como a Medina del Campo-Zamora en 1863 ou a Villalba-Segovia, absorbida pola compañía en 1884, supuxeron un aumento crecente do tráfico que converteu rapidamente as instalacións existentes en pequenas. Por iso, en 1896, Norte decidiu encargar a Vicente Salga, un dos seus mellores enxeñeiros, a construción dunha nova estación de tipo monumental e estilo francés dotada dunha marquesiña metálica de grandes proporcións, que se inaugurou en 1902.[4]

En 1941, a nacionalización do ferrocarríl en España supuxo o final de Norte e o nacemento de Renfe, que xestionaría a estación ata o 31 de decembro de 2004,cando foi dividida en Renfe Operadora e Adif, sendo esta última a titular das instalacións ferroviarias.

Dentro dos plans de alta velocidade e tras a apertura en decembro de 2007 da liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid, está previsto construír un ramal ata Medina, que se prolongará despois cara a Zamora e Salamanca.

A estación

[editar | editar a fonte]

Medina del Campo é unha estación monumental de estilo ecléctico con inspiracións clasicistas. Mostra un deseño ortogonal e simétrico baseado no modelo francés da época. En total, todo o complexo ferroviario abarca 18 hectáreas.[4]

O edificio para viaxeiros destaca polas súas grandes dimensións (102 x 12,5 metros) e componse dun bloque central ao que se unen dous pavillóns e dous anexos laterais. O seu esquema compositivo é marcadamente ortogonal e simétrico tanto en planta como en alzado, seguindo o modelo de estacións francesas similares.

A fachada principal está decorada con tres arcos peraltados con xenerosas claves e pilastras corintias. Un frontón curvo co escudo de armas da cidade completa a parte ornamental.

Sobre as plataformas destaca unha ampla marquesiña de dúas vertentes construída en ferro e cristal de 356 toneladas de peso e unhas medidas de 102 x 35 metros. Conta con elementos decorativos tanto nos capiteis das columnas que sosteñen a estrutura como nos corpos mensulados ou nos broches de remate.

Dispón de catro plataformas, unha lateral e tres centrais ás que acceden sete vías. A marquesiña cobre as vías 1, 2, 3 e 4 e dúas plataformas. O resto das plataformas tamén posúe marquesiña propia con tellado en uve. Máis vías destinadas a funcións loxísticas completan as instalacións.[1]

Conta con venda de billetes, atención ao cliente, aseos, cafetería e restaurante. Todo o recinto está equipado con servizos adaptados para as persoas con minusvalía. No exterior existe un recentemente ampliado aparcadoiro e unha parada de taxi.

Longa Distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizados a 10 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren semanal por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren semanal por sentido
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido
Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido
Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Lusitania Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Salamanca · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Vilar Formoso · Guarda · Celorico da Beira · Mangualde · Santa Comba · Coímbra · Pombal · Caxarias · Entroncamento · Lisboa-Oriente Lisboa-Santa Apolonia 1 tren diario por sentido
Trenhotel Surex Hendaia Irún · Donostia · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Valladolid-Campo Grande · Medina del Campo · Salamanca · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Vilar Formoso · Guarda · Celorico da Beira · Mangualde · Santa Comba · Coímbra · Pombal · Caxarias · Entroncamento · Lisboa-Oriente Lisboa-Santa Apolonia 1 tren diario por sentido
Estrella Picasso Málaga-María Zambrano Bobadilla · Puente Genil · Córdoba-Central · Linares-Baeza · Valdepeñas · Manzanares · Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro Bilbao-Abando Ocasional

Media Distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizados a 10 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  MD Madrid-Chamartin <> León
  MD Madrid-Chamartín <> Irún
Vitoria
15 RE Medina del Campo <> Valladolid
16 MD
RE
Madrid-Chamartín
Ávila
<> Valladolid
17 MD
RE
León
Ponferrada
<> Valladolid
Medina del Campo
18 MD Pobra de Seabra
Zamora
<> Valladolid
19 MD Palencia <> Salamanca
  1. 1,0 1,1 Adif. "Ficha técnica". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2013. Consultado o 7 de decembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Medina del Campo (Est.) Euroferroviarios
  3. Caminos de Hierro del Norte de España Arquivado 02 de xullo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
  4. 4,0 4,1 Con el sello de Norte Luis Guijarro

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]