Espoo
Espoo (fi) Esbo (sv) | |||||
| |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Finlandia | ||||
Axencia Rexional | Finlândia Meridional (pt) | ||||
Rexión | Uusimaa | ||||
Contén a división administrativa | Pohjois-Espoo (en) Suur-Espoonlahti (en) Suur-Kauklahti (en) Suur-Leppävaara (en) Suur-Matinkylä (en) Suur-Tapiola (en) Vanha-Espoo (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 314.821 (2024) (1.007,91 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua finesa (majority language (en) ) lingua sueca (lingua minoritaria) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Subrexión de Helsinqui Área Metropolitana de Helsínquia (pt) Helsinki capital region (en) (Poboación:1.530.000) | ||||
Parte de | |||||
Superficie | 312,35 km² | ||||
Altitude | 27 m | ||||
Punto máis alto | Mustakorvenkallio (en) (114,5 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1458 | ||||
Santo padrón | sen valor | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jukka Mäkelä (mul) (2011–) | ||||
Órgano lexislativo | Espoo City Council (en) , (Escano: 75) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 02100–02980 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Bombai Kongsberg concello de Kristianstad Nõmme (en) Sveitarfélagið Skagafjörður (en) Irving Køge (pt) Esztergom Shanghai (1998–) | ||||
Páxina web | espoo.fi | ||||
Espoo, en finés, (Esbo en sueco) é unha cidade situada na costa sur de Finlandia. Forma parte da Área Metropolitana de Helsinqui xunto con Helsinqui, Vantaa e Kauniainen. Espoo está situado ao oeste de Helsinqui e Vantaa, mentres que encerra a Kauniainen. Outros municipios próximos son Nurmijärvi e Vihti no norte e Kirkkonummi no Oeste.
A superficie total de Espoo é de 528 km² e a súa poboación compóñena unhas 235.000 persoas (31-12-2006).
Historia
[editar | editar a fonte]Aínda que os primeiros habitantes de Espoo chegaron durante os séculos XII e XIII, non foi ata os anos 50 do século XX cando comezou o seu maior desenvolvemento. Debido á súa proximidade con Helsinqui, Espoo converteuse nun lugar de residencia para os traballadores da capital.
Demografía
[editar | editar a fonte]A súa poboación creceu dende os 22.000 habitantes en 1950 até os 210.000 no ano 2000. A media de incremento da poboación entre o ano 1964 e o 2006 é duns 3.900 habitantes anuais. Continúa o incremento de poboación, mais nos últimos anos faino a un ritmo moito menor.
Evolución do número de habitantes (31 de decembro):
A poboación por nacionalidade era o 1 de xaneiro de 2007: 95.1% nacionalidade finesa e 4.9% outra nacionalidade. A relixión do 77.4% da poboación era a luterana, 1.3% ortodoxa, 1.3% outras crenzas, e o 19.9% dos cidadáns non tiña afiliación relixiosa ningunha.
Poboación por áreas (2006);28;11894;1033;1042] | |||
---|---|---|---|
Área | Poboación | Área | Poboación |
Leppävaara | 58,048 | Vanha-Espoo | 33,613 |
Espoonlahti | 48,649 | Pohjois-Espoo | 9,754 |
Tapiola | 41,905 | Kauklahti | 6,191 |
Matinkylä | 33,613 |
Situación
[editar | editar a fonte]O obxectivo da cidade foi a de desenrolarse preservando a natureza, o que conduciu a unha peculiar planificación da cidade baseada na construción de diversos núcleos urbanos separados entre eles por amplos espazos de zonas verdes e bosques. Espoo está así dividida nas seguintes áreas: Espoon keskus, Espoonlahti, Kalajärvi, Kauklahti, Leppävaara, Matinkylä-Olari, e Tapiola.
A Universidade Politécnica de Helsinqui encóntrase en Otaniemi, Espoo, distrito no que residen as sedes de diversos institutos de investigación e empresas tecnolóxicas, por exemplo Nokia.
O seu equipo de fútbol é o FC Honka Espoo cuxo estadio se chama Tapiolan Urheilupuisto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Espoo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Web da cidade de Espoo Arquivado 20 de abril de 2006 en Wayback Machine.
- Sitio oficial da Universidade Politécnica de HelsinquiArquivado 23 de marzo de 2005 en Wayback Machine. - situada en Otaniemi, Espoo