[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Espiñeiro cerval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Espiñeiros cervais ou espiños marítimos son arbustos de folla caediza pertencentes ao xénero Hippophae, na familia Elaeagnaceae. Son a miúdo cultivados polas súas bagas, miúdas e adstrixentes, mais axeitadas para a elaboración de zumes, confeituras e marmeladas.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son arbustos espiñentos que acadan alturas de 0,5 a6 m , raramente chegan aos 18 m en Asia central,

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Nativas dunha ampla zona de Europa e Asia. Atópanse xeralmente en zonas secas e areentas. Son tolerantes ao sal no ar e no solo, mais teñen requirimentos de plena exposición ao sol para o seu pleno desenvolvemento e non aturan condicións de sombra preto de grandes árbores.

Hai principalmente tres especies:

  • O espiñeiro marítimo ou espiñeiro cerval marítimo (Hippophae rhamnoides), é a especie máis amplamente distribuída sobre todo na faixa atlántica e no noroeste da China. En Europa atópase confinada ao longo da beiramar, onde os ventos espallan ar ateigado de sal, o que evita que outras plantas se desenvolvan, mais na Asia central atópase máis amplamente distribuída nos áridos semi-desertos, onde outras plantas non aturan nestas condicións de sequidade ; en Europa central e en Asia atópase coma un arbusto subalpino por riba da liña de árbores nas montañas, e outras áreas sollosas tales como os bancos de area dos ríos. Ten unha gran densidade de pólas e talos ergueitos con gran cantidade de espiños. As follas son moi características, dunha cor cinsenta prateada pálida, lanceoladas, de 3–8 cm de lonxitude e de menos de 7 mm de largura. É unha planta dioica, con plantas macho e femia separadas. As plantas macho producen flores marróns que desprenden gran cantidade de pole que o vento se encarga de espallar. A planta femia produce unhas bagas de 6–9 mm de diámetro, brandas e zumarentas, cun gran contido de vitamina C (120 mg por 100g); algunhas variedades teñen un gran contido de vitamina A, vitamina E, e aceites esenciais. Son unha importante fonte de alimentación para os paxaros durante o inverno, especialmente para os tordos e merlos. As súas follas son a base da alimentación da larva da avelaíña costeira da especie Eupithecia fraxinata (Eupithecia innotata f. fraxinata - a avelaíña dos freixos). Utilízana tamén coma alimento as larvas doutras lepidópteros incluídas as Euproctis chrysorrhoea, Cosmia trapezina, Saturnia pavonia, Erannis defoliaria e Coleophora elaeagnisella.
  • O espiñeiro cerval de folla de salgueiro (Hippophae salicifolia) atópase limitada no Himalaia e medra a grandes altitudes en vales de terreos secos; diferénciase de H. rhamnoides polas súas follas máis anchas (até 10 mm de largura), máis verdes (menos prateadas), e bagas amarelas.
  • O espiñeiro cerval do Tíbet (Hippophae tibetana) atópase na mesma área, mais a maiores altitudes na zona alpina ; son gamallos que non se desenvolven máis de 1 m de altura con follas de 1–3 cm de lonxitude.

Outras dúas especies, Hippophae goniocarpa e Hippophae neurocarpa, téñense descrito na China, mais non se aceptan maioritariamente coma especies distintas.

As bagas do espiñeiro marítimo son comestíbeis e nutritivas, mais moi acedas e adstrinxentes, polo que o seu consumo en cru non é moi pracenteiro, polo menos cómpre o consumo ben chegado o froito (unha vez xeado redúcese a adstrinxencia) e/ou mesturado con zume de froitas máis doces coma as mazás ou as uvas. Tamén se poden utilizar para facer pasteis ou marmeladas. A industria de consumo utiliza as bagas do espiñeiro marítimo para fabricar marmeladas, zumes, locións, e licores. O aceite obtido das bagas ten numerosos usos. Utilízase coma menciña curativa de numerosas doenzas que cursan con ulceracións e inflamacións tales como feridas gangrenosas, esofaxite, úlceras pépticas, colite ulcerosa, e cervicite. Os cosmonautas rusos téñeno usado mentres estaban en órbita.

A colla das bagas ten grande dificultade polos numerosos espiños que ten a planta. Unha técnica común de colleita é a de tirar unha póla enteira, mais isto dana o arbusto e reduce a produtividade das futuras collas. Nalgunhas variedades as pólase tíranse despois das primeiras xeadas, daquela as bagas despréndense de xeito moito máis doado. Durante a Guerra fría, os horticultores rusos e da Alemaña Oriental, desenvolveron novas variedades dun gran valor nutricional, grandes bagas, diferentes épocas de maduración, e pólas facilmente colleitábeis.

O espiñeiro cerval marítimo é tamén unha planta ornamental moi popular nos xardíns, particularmente coma sebes barreira para choer os eidos e leiras. As pólas úsanse tamén en arranxos florais das florarías.

Durante centos de anos, as xentes do sueste de Asia usaron esta planta para preservar e tratar varios alimentos.

Recentemente, o espiñeiro cerval marítimo utilizouse coma ingrediente de varios suplementos nutricionais que se atopan dispoñíbeis nos establecementos comerciais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]