[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Especie pouco preocupante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A categoría de Preocupación Menor na versión 3.1 de 2008 da Lista Vermella da UICN.

Unha especie pouco preocupante (abreviado oficialmente como LC dende o nome orixinal en inglés "least concern") é aquela que se que considera ser de baixa preocupación cando, tras ser avaliada pola UICN, non cumpre ningún dos criterios das categorías de especies en perigo, en perigo crítico, vulnerable ou case ameazada da lista vermella que elabora a organización. En consecuencia, a categoría "preocupación menor" da lista inclúe a todos aqueles taxons abundantes e de ampla distribución, que non se atopan baixo ameaza de desaparecer nun futuro próximo. Son, polo tanto, os de menor risco na lista.[1]

A categoría de Preocupación Menor na versión 2.3 de 1994 da Lista Vermella da UICN.

Na versión 2.3 da Lista Vermella, de 1994 e vixente até 2001, a "preocupación menor" era unha subcategoría de "baixo risco" (LR), sendo a súa abreviación oficial LR/lc ou (lc).[2]

A categorización en preocupación menor depende en gran medida da avaliación que se realice da poboación da especie e a súa distribución, sendo este un dos indicadores máis importantes para realizar unha relación directa ou indirecta co risco de extinción que podería correr esa especie. Na versión 2008 da lista vermella, inclúense 16.226 taxons de animais[3] e 1.449 de plantas[4] na categoría de "preocupación menor", incluíndo ó propio Homo sapiens.[5]

  1. UICN. (2001). Categorías e Criterios da Lista Vermella da UICN: Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies da UICN. Gland, Suíza e Cambridge, Reino Unido. ii + 33 pp. Dispoñible no sitio oficial da UICN.
  2. UICN. "1994 Categories & Criteria (version 2.3)". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2009. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  3. UICN. 2008 Red List, Table 3a: Status category summary by major taxonomic group (animals) (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2009. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  4. UICN. 2008 Red List, Table 3b: Status category summary by major taxonomic group (plants) (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de marzo de 2009. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  5. UICN. "Homo sapiens en la Lista Roja". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2009. Consultado o 18 de xaneiro de 2019.