[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Escudo güianés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Límites do escudo güianés.

O escudo güianés ou escudo das Güianas, macizo güianés ou simplemente Güiana, é unha rexión xeográfica situada ao nordeste de América do Sur.

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]
Mapa físico do escudo güianés.
Monte Roraima, na fronteira entre Venezuela, Güiana e o Brasil).

O escudo Güianés é unha formación xeolóxica moi antiga, unha das zonas máis antigas da Terra, que se estende por Venezuela (a Güiana Venezolana), Brasil (Güiana Brasileira), Güiana, Suriname, Güiana Francesa e unha pequena parte de Colombia, (parte da Rexión Amazónica, no departamento de Guainía).

Os seus límites son o río Orinoco ao norte e ao oeste, e a selva amazónica ao sur. Ten unha forma irregular e está constituído, desde o punto de vista xeolóxico, por un macizo ou escudo antigo da era precámbrica, cunha cobertura sedimentaria tamén moi antiga, formada por arenitas e cuarcitas moi resistentes á erosión.

Esta cobertura sufriu un levantamento e pregamento case desde o momento da formación do planeta Terra, que deu lugar a unhas mesetas moi altas e rematadas por pendentes moi verticais, chamadas tepuis, un termo de orixe indíxena (da lingua pemón) que significa "montaña".

Nesta zona encóntrase a fervenza máis alta do mundo, o Salto Ángel (Kerepakupai Vená, en pemón, que significa "salto do lugar máis profundo").[1] o salto de auga máis alto do mundo, cunha altura de 979 m (807 m de caída ininterrompida),[2][3][4] Está no Parque Nacional Canaima, no estado de Bolívar, Venezuela, que foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1994.[5]

Fauna, flora e xea

[editar | editar a fonte]

É unha das rexións con maior biodiversidade do mundo. A Güiana conta con máis de 2.200 especies de vertebrados.

O escudo güianés está cuberto pola maior masa forestal tropical inalterada do mundo.[6]

Nesta rexión predominan as sabanas e o bosques galería ao longo dos ríos. Cara ao leste, onde a altura é menor, desenvólvense selvas tropicais e mangleiros sobre as costas do Atlántico.

Nalgúns sectores es rochas están cubertas de sedimentos que conteñen importantes depósitos de minerais, entre eles de ferro e bauxita, que se explotan intensamente.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. A miúdo cítase o por confusión nalgúns países hispanofalantes como Salto del Ángel, o cal é unha ultracorrección.
  2. Frederick, Julia C. (2005). The history of Venezuela. Greenwood. ISBN 0-313-33525-7. Consultado o 26 de abril de 2015. 
  3. Palmerlee, Danny (2007). Lonely Planet, ed. South America on a shoestring. Consultado o 26 de abril de 2015. 
  4. Guinness World Records 2013 (en castelán). Segundo se cita na páx. 138
  5. Parque Nacional Canaima
  6. Hammond, David S. (ed.) (2005): Tropical forests of the Guiana Shield: ancient forests in a modern world. Cambridge, Mass.: CABI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]