[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Escudo do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo do Brasil
Versións

Versión en branco e negro
Detalles
Armiger Rep. Federativa do Brasil
Adoptado19 de novembro de 1889
EscudoRedondo en campo azul celeste, contén cinco estrelas de prata (formando a Cruz do Sur), con bordadura de ouro, cargada de estrelas de prata en igual número ás estrelas existentes na Bandeira Nacional. O escudo repousa sobre unha estrela xironada, de 10 partes de sinople e ouro, bordada de 2 tiras, o interno de goles e o exterior de ouro.
AlicerceÁ súa destra unha póla de café con froitos, e á súa sinistra unha póla de tabaco cunha flor.
DivisaRepública Federativa do Brasil - 15 de novembro de 1889

O escudo do Brasil é un dos catro símbolos oficiais da República Federativa do Brasil, conforme estabelece o art. 13 da súa Constitución. Os outros símbolos da República son a bandeira nacional, o himno nacional e o selo nacional. O escudo foi ideaado polo enxeñeiro Artur Zauer e deseñado por Luís Gruder so encomenda propia do presidente Manuel Deodoro da Fonseca.

Segundo a Lei 5.700, de 1.º de setembro de 1971,[1] as armas nacionais son as instituídas polo Decreto 4, de 19 de novembro de 1889,[2] coa alteración feita pola Lei 5.443, de 28 de maio de 1968,[3] e pola Lei 8.421, de 11 de maio de 1992.[4] As armas nacionais, ou brasón nacional, compón tamén a faixa presidencial, na parte frontal da mesma.

Descrición heráldica

[editar | editar a fonte]

Segundo a lei 5.700, alterada pola lei 8.421, de 11 de maio de 1992, a feitura das armas nacionais debe obedecer á proporción de quince de altura por catorce de largura e atender ás seguintes disposicións:

  1. O escudo redondo será constituído en campo azul celeste, contendo cinco estrelas de prata, dispostas na forma da constelación da Cruz do Sur, coa bordadura do campo perfilada de ouro, cargada de estrelas de prata en número igual ao das estrelas existentes na bandeira nacional.
  2. O escudo ficará pousado nunha estrela partida e xironada, de dez pezas de sinopla e ouro, bordada de dúas tiras, a interior de goles e a exterior de ouro.
  3. O todo brocante sobre unha espada, en pala, empuñada de ouro, gardas de blau, salvo a parte do centro, que é de goles e contendo unha estrela de prata, figurará sobre unha coroa formada dun ramo de café frutificado, á destra, e doutro de tabaco florecido, á sinistra, ambos da propia cor, atados de blau, ficando o conxunto sobre un resplandor de ouro, cuxos contornos forman unha estrela de vinte puntas.
  4. En listel de blau, brocante sobre os puños da espada, inscribirase, en ouro, a lenda República Federativa do Brasil, no centro, e a expresión 15 de novembro, na extremidade destra, e de 1889, na sinistra.

Uso do brasón

[editar | editar a fonte]

É obrigatorio o uso das armas nacionais, segundo o artigo 26 da Lei 5 700/71, coa redacción dada pola lei 8 421/92:

  • No palacio da Presidencia da República e na residencia do Presidente da República.
  • Nas sedes dos Ministerios.
  • Nas casas do Congreso Nacional.
  • No Tribunal Supremo Federal, nos tribunais superiores e nos tribunais federais de recursos.
  • Nas prefecturas e concellos.
  • Na fachada dos edificios nas oficinas públicas federais.
  • Nos cuarteis das forzas federais de terra, mar e ar e das policías militares e corpos de bombeiros militares, nos seus armamentos, ben como nas fortalezas e nos navíos de guerra.
  • Na fachada ou no salón principal das escolas públicas.
  • Nos papeis de expediente, nos convites e nas publicacións oficiais de nivel federal.

Segundo o decreto 80 739, de 14 de novembro de 1977, o uso do brasón de armas nacionais en documentos debe ser en negro e branco: "Artigo 5.º - O timbre dos demais papeis de expediente e envelopes terá as Armas Nacionais e os dicires 'Servizo Público Federal', impresos en negro".

Dúas versións do brasón de armas dos "Estados Unidos do Brasil", nome oficial do país entre 1889 e 1967. Constitúen parte do proceso de elaboración efectuado por Artur Zauer, aínda que a 1ª versión tamén foi usada até o inicio do século XX.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]