Enrico De Nicola
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de novembro de 1877 Nápoles, Italia |
Morte | 1 de outubro de 1959 (81 anos) Torre del Greco, Italia |
Lugar de sepultura | Cemetery of Poggioreale, Naples (en) |
Presidente da Corte Constitucional de Italia | |
23 de xaneiro de 1956 – 26 de marzo de 1957 ← sen valor – Gaetano Azzariti → | |
Senador de Italia | |
25 de xuño de 1953 – 11 de xuño de 1958 Lexislatura: 2nd Legislature of Italy (en) | |
Presidente do Senado da República Italiana | |
28 de abril de 1951 – 24 de xuño de 1952 ← Ivanoe Bonomi – Giuseppe Paratore → | |
Senador vitalicio | |
12 de maio de 1948 – 1 de outubro de 1959 (finado no cargo) | |
1º Presidente de Italia | |
1 de xaneiro de 1948 – 12 de maio de 1948 ← sen valor – Luigi Einaudi → | |
Xefe de Estado provisional de Italia | |
1 de xullo de 1946 – 31 de decembro de 1947 ← sen valor – Alcide de Gasperi → | |
Member of the National Council of the Kingdom of Italy (en) | |
25 de setembro de 1945 – 24 de xuño de 1946 | |
Deputado do Reino de Italia | |
24 de maio de 1924 – 21 de xaneiro de 1929 Lexislatura: 27th Legislature of the Kingdom of Italy (en) | |
Deputado do Reino de Italia | |
11 de xuño de 1921 – 25 de xaneiro de 1924 Lexislatura: 26th Legislature of the Kingdom of Italy (en) | |
Presidente da Cámara de Deputados do Reino de Italia | |
26 de xuño de 1920 – 25 de xaneiro de 1924 ← Vittorio Emanuele Orlando – Alfredo Rocco → | |
Deputado do Reino de Italia | |
1 de decembro de 1919 – 7 de abril de 1921 Lexislatura: 25th Legislature of the Kingdom of Italy (en) | |
Deputado do Reino de Italia | |
27 de novembro de 1913 – 29 de setembro de 1919 Lexislatura: 24th Legislature of the Kingdom of Italy (en) | |
Deputado do Reino de Italia | |
24 de marzo de 1909 – 29 de setembro de 1913 Lexislatura: 23rd Legislature of the Kingdom of Italy (en) | |
Senador do Reino de Italia | |
Xuíz do Tribunal Constitucional de Italia | |
26 de marzo de 1957 | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade de Nápoles Frederico II (valor descoñecido–1896) Liceo Statale Antonio Genovesi (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | político, xuíz, avogado, xornalista |
Partido político | Partido Liberal Italiano (pt) |
Membro de | |
Premios | |
Enrico De Nicola (Nápoles, 9 de novembro de 1877 – Torre del Greco, 1 de outubro de 1959), foi un destacado político e avogado italiano, coñecido por ser o primeiro Presidente da República Italiana. Ocupou o cargo provisional de presidente de Italia entre 1946 e 1948, e de primeiro presidente constitucional dende o 1 de xaneiro de 1948 ata o 11 de maio dese mesmo ano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xuventude e formación
[editar | editar a fonte]De Nicola naceu en Nápoles, fillo de Angelo e Concetta Capranica. Despois de completar a súa educación secundaria no liceo clásico Antonio Genovesi, graduouse en xurisprudencia na Universidade de Nápoles Federico II, converténdose axiña nun avogado penalista de renome nacional.
Carreira política
[editar | editar a fonte]O 28 de xuño de 1946, foi designado provisionalmente coma Xefe de Estado pola Asemblea constituínte de Italia, cargo que ocupou dende o 1 de xullo dese mesmo ano ata o 31 de decembro de 1947. De acordo coa primeira disposición transitoria e final da Constitución, o 1 de xaneiro de 1948, asume o título de Presidente da República Italiana, manténdoo ata o sucesivo 12 de maio.
Coma Presidente da República Italiana, Enrico De Nicola só lle conferiu o cargo de Presidente do Consello a Alcide De Gasperi. Durante o seu breve mandato, non nomeou ningún Senador Vitalicio.