[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Engiadina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O val de Engiadina.

Engiadina, consonte o seu nome orixinal en lingua romanche (Engadina na grafía italiana e Engadin en alemán) é un val do cantón dos Grisóns, no leste de Suíza. Nel celébrase unha popular competición de esquí de fondo, e Engadin Skimarathon, que forma parte do circuíto mundial Worldloppet.

A lingua histórica principal é o romanche, falado por unhas 25 000 persoas en dúas formas dialectais: na Alta Engiadina predomina o dialecto putér, mentres que na Baixa Engiadina o dialecto vallader. Moitas veces ambas se denominan como lingua romanche ladina pola súa afinidade coa lingua ladina dolomítica. Na Alta Engiadina dende finais do século XIX, unha parte importante da poboación non fala o putér, polo que está moi difundida na zona a lingua alemá suíza; correndo mesmo o risco de desaparecer o romanche. Na Baixa Engiadina a maioría da poboación aínda fala o vallader[1].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Sprache. Religion" Uffizi per economia e turissem

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]