Encoro do Pé da Viña
Tipo | encoro | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | O Pé da Viña | |||
Localización | ||||
División administrativa | Trabada, España e Santiso de Abres, España | |||
| ||||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1907 | |||
O encoro de Pé da Viña foi construído no 1907,[1] no río Eo, entre as comunidades de Asturias (concello de Santiso de Abres) e Galicia (concello de Trabada). Recibe o seu nome do lugar do Pé da Viña, da parroquia de Vilaformán, e alimenta a central hidroeléctrica de Pé da Viña.
Historia
[editar | editar a fonte]En maio de 2022, co encoro e central pertencendo a ENEL Green Power España, a Audiencia Nacional ordenou derribar as instalacións, despois de que o Ministerio para a Transición Ecolóxica o decidise en xuño de 2019.[2][1] A decisión vén argumentada por quedar 'acreditados os motivos de protección medioambiental que aconsellan a demolición das instalacións e a súa adecuación paisaxística'.[2] As instalacións están nun LIC dentro da Reserva da Biosfera río Eo, Ozcos e Terras de Burón, ó pé da Ruta da antiga vía do ferrocarril Vilaoudriz - Ribadeo.