Emblema de Israel
Emblema de Israel | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Estado de Israel |
Adoptado | 10 de febreiro de 1949 |
Escudo | En campo azur: • Unha Menorá (cor prata) • Dúas pólas de oliveira. |
Divisa | ישראל (Israel) |
Uso | • Pasaportes israelís • Documentos oficiais • Estandarte presidencial • Edificios públicos e oficiais |
O emblema de Israel está representado en campo de azur, por unha menorá rodeada por dúas póla de oliveira, unha a cada lado, e a palabra Israel escrita en lingua hebrea (ישראל) debaixo dela.
Historia
[editar | editar a fonte]Ao crearse o Estado de Israel en 1948, precisaba dun emblema oficial para demostrar a súa soberanía ante comunidade de estados. O emblema oficial foi aprobado nove meses despois, o 10 de febreiro de 1949, e dende entón aparece en documentos oficiais, a nivel presidencial e nos edificios públicos de Israel.
Durante o proceso de deseño do emblema, moitas das propostas incluíron os símbolos que se consideraron apropiados para representar ao pobo xudeu. Para evitar a imitación de emblemas de países europeos e crear un único, buscáronse antigos símbolos visuais de épocas de soberanía xudía en Eretz Israel. Mentres que a bandeira foi creada na diáspora, o emblema foi deseñado xa en Israel. O emblema tiña que incorporar elementos de significado simbólico. O proceso de deseño foi longo, xa que o carácter de emblema debía conter tanto os valores relixiosos e rituais, como as normas seculares e de soberanía.
Foi entón que o Consello Provisional do Estado anunciou un concurso para deseñar o emblema do Estado. Finalmente, o deseño escollido baséase na proposta presentada por Gabriel e Maxim Shamir, con elementos inspirados noutras propostas, como a de Oteh Walisch, a de W. Struski e Itamar David e a de Yerachmiel Schechter.
Simbolismo
[editar | editar a fonte]A menorá é un símbolo do xudaísmo dende hai 3.000 anos, xa que figuraba no antigo Templo de Xerusalén, e representado no escudo baseándose nun relevo que figura no Arco de Tito. En canto ás pólas de oliveira, simbolizan a paz.
Versións
[editar | editar a fonte]-
Usado nos sitios web oficiais do Goberno
-
Usado na web oficial do Primeiro Ministro
-
Usado na web do Knesset
-
Usado na web da Corte Suprema
-
Usado na web da Corte Suprema
-
Emblema e estandarte do Presidente