[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Eleuthera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEleuthera
Imaxe

Localización
Mapa
 25°08′05″N 76°08′39″O / 25.13472, -76.14418
Reinos da CommonwealthBahamas Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación7.826 Editar o valor en Wikidata (15,11 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie518 km² Editar o valor en Wikidata
Medición2 (ancho) × 180 (lonxitude) km
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Altitude60 m-24 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Eleuthera é unha das illas das Bahamas. Localízase no nordeste do arquipélago, a 80 quilómetros de Nassau, e ten unha forma alongada e estreita. Ten preto de 8 mil habitantes segundo o censo do ano 2000.

O nome Eleuthera deriva da palabra grega ελεύθερος (eleutheros), que significa Ceibe.

Os habitantes orixinais das illas, os taínos e os arawacos foron deportados polos colonizadores españois para traballa-las minas da illa A Española, onde se extinguiron ao redor do ano 1550. Crese que a illa estivo deshabitada até a colonización europea que se produciu polo ano 1648, cando arribaron os primeiros peregrinos puritanos dende as Bermudas, quen foron os que lle deron o actual nome á illa. Algúns cren que Cristovo Colón chegou primeiro a esta illa antes que a calquera outra das Indias.

A illa creceu prosperamente entre os anos 1950 e 1980, polos investimentos feitos polos industriais norteamericanos, actualmente a principal actividade económica é o turismo. Conta con tres aeroportos: o North Eleuthera, Governor's Harbour Airport e Rock Sound Airport.