[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

El Carmel

Modelo:Xeografía políticaEl Carmel
Imaxe

EpónimoTuró del Carmel Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°25′06″N 2°09′16″L / 41.418336111111, 2.1544361111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
Distritos (pt) TraducirHorta, Barcelona Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación32.724 (2021) Editar o valor en Wikidata (34.812,77 hab./km²)
Xeografía
Superficie0,94 km² Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08032 Editar o valor en Wikidata

Páxina webajuntament.barcelona.cat… Editar o valor en Wikidata

El Carmel é un barrio popular do distrito de Horta-Guinardó de Barcelona, situado na parte alta da cidade. Esténdese polo outeiro do mesmo nome, pertencente aos contrafortes da serra de Collserola, cunha orografía accidentada con numerosos desniveis, o que provoca fortes pendentes en numerosas rúas do barrio.

Antigamente estaba dividido entre catro poboacións: Gràcia, Sant Joan d'Horta, Sant Martí de Provençals e Sant Andreu de Palomar. Entre finais do século XIX e principios do XX foi un lugar de segundas residencias para a burguesía da entón vila de Gràcia. Ata os anos 1920 tivo un carácter marcadamente rural, con numerosos hortos e zonas verdes, feito que empezou a cambiar coa chegada dunha crecente inmigración do resto de España. Entón, as vivendas unifamiliares deixaron paso ás barracas, mentres que a partir dos anos 1960 empezaron a construírse grandes bloques de vivendas dentro do boom inmobiliario da época, que acabaron por transformar a fisionomía do barrio.[1]

El Carmel delimita cos barrios de La Teixonera, La Clota, Horta, La Font d'en Fargues e Can Baró do distrito de Horta-Guinardó, así como cos de El Coll e La Salut do distrito de Gràcia.

  1. "El Carmel". Consultado o 12 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]