[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ekaterina Gordeeva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEkaterina Gordeeva

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Екатерина Александровна Гордеева Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de maio de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpatinadora artística sobre xeo, comentarista deportiva Editar o valor en Wikidata
Período de actividade - 1994 Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalSergei Grinkov (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaUnión Soviética
Rusia Editar o valor en Wikidata
Deportepatinaxe artística sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivapatinação de duplas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
febreiro de 1994patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1994 - duplas (pt) Traducir (1ª) (medalla de ouro olímpica)
febreiro de 1988patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1988 - Duplas (pt) Traducir (1ª) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeDavid Pelletier (2020–)
Ilia Kulik (2002–2015)
Sergei Grinkov Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0329870 Twitter: KatiaGordeeva Instagram: katiaagordeeva Editar o valor en Wikidata
Gordeeva e Grinkov nun cartel de Acerbaixán en 1998.

Ekaterina "Katia" Alexandrovna Gordeeva (Екатерина Александровна Гордеева), nada en Moscova o 26 de maio de 1971, é unha patinadora artística rusa. Xunto co seu compañeiro e defunto esposo Sergei Grinkov, foi campioa dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988 e 1994 e catro veces campioa no Campionato Mundial de Patinaxe Artística en patinaxe por parellas. Despois da morte do seu marido, continuou actuando como patinadora individual.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Elena Lvovna Gordeeva, unha operadora de teletipo da TASS, e Alexander Alexeyevich Gordeev, un bailarín da Alexandrov Song and Dance Ensemble.[1] Gordeeva dixo, "Meu pai traballou comigo no movemento cando eu era pequena".[1] Ten unha irmá máis nova, María Alexandrovna Gordeeva nada en 1975, quen vivía en Moscova[2][3]. Gordeeva comezou a patinar con catro anos na Escola de Deportes do CSKA Moscova con patíns de talles demasiado grandes, poñendo moitos pares de calcetíns porque non se atopaban patíns para os seus pequenos pés na Unión Soviética[4].

Carreira en parella

[editar | editar a fonte]

Non era unha saltadora especialmente forte, e en agosto de 1981,[5] o adestrador Vladimir Zaharov uniu a Gordeeva, de 10 anos. con Sergei Grinkov, de 14. Dado que Grinkov a miúdo faltaba aos adestramentos, o adestrador, finalmente, insistiu en que Gordeeva formase parella con outra persoa pero ela negábase. No seu lugar, a parella cambiou de adestrador.[6]

Gañaron o Campionato Mundial Júnior de Patinaxe Artística de 1985, en Colorado Springs. Ao ano seguinte gañaron o primeiro dos seus catro Campionatos Mundiais de Patinaxe Artística. Son unha dos poucas parellas en gañar ambos os dous títulos de campións júnior e sénior. Defenderon, con éxito, o seu título mundial en 1987 e gañaron o ouro nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988 en Calgary (Canadá),[7] a pesar dun desagradable accidente. En novembro de 1987 Grinkov caeu coa coitela dos seus patíns sobre a fronte de Gordeeva durante unha sesión de adestramento.[8] Foi hospitalizada durante un tempo, pero aínda foron capaces de competir —e gañar— nas Olimpíadas, que se iniciaron en febreiro.[9] Seguen sendo a parella máis nova en gañar o ouro olímpico. Despois dunha caída no seu programa longo, levaron a prata no Campionato do Mundo de 1988, mais gañaron o título en 1989 e 1990. Convertéronse en profesionais no outono de 1990, gañando o seu primeiro Campionato Mundial Profesional en 1991. Tamén gañaron o título en 1992 e 1994.

Gordeeva e Grinkov gañaron case todas as competicións nas que entraron. Nas 31 competicións das que se coñecen os resultados nos niveis sénior e profesional, quedaron primeiros 24 veces, e nunca por debaixo do segundo posto dende que gañaron o seu primeiro título sénior do mundo. Son unha das poucas parellas da historia que superaron con éxito un xiro cuádruplo nunha competición internacional.[10] Lograron sen problemas un elemento de dificultade no Campionato do Mundo de 1987. Tamén completaron o elemento no Campionato Europeo en 1987, pero debido a un problema co arranque de Grinkov e un malentendido sobre as regras (o árbitro sinalara que parasen, chegando a parar a súa música pero eles continuaron patinando), foron descualificados deste evento.[10] Deixaron de realizar o cuádruplo xiro porque non melloraba significativamente as súas marcas, facendo innecesario o estrés físico engadido.

En 1989 comezaron como parella sentimental, e casaron en abril de 1991. A súa voda civil foi o 20 de abril, e a relixiosa o 28 de abril. Desde novembro de 1991 ata abril de 1992, viaxaron con Stars on Ice por primeira vez. O 11 de setembro de 1992, naceu a súa filla, Daria Sergeyevna Grinkova, en Morristown (Nova Jersey). Pouco despois do nacemento de Daria, Gordeeva retomou o adestramento para a nova tempada de Stars on Ice, que se estreou no novembro de 1992 e continuou ata o seguinte mes de abril.

Cando unha nova regra ISU permitiu aos patinadores profesionais recuperar a súa elixibilidade olimpica, a parella decidiu regresar ás competicións de afeccionados durante a tempada de 1993-94 e patinar nas Olimpíadas. En 1994 gañaron a súa segunda medalla de ouro olímpica en Noruega.[7] Chamados moitas veces simplemente "G&G",[11] eran coñecidos pola calidade da súa técnica na patinaxe básica: "Grinkov e Gordeeva tiñan algo especial que era máis fácil de apreciar en persoa. Non facían ruído cando patinaban. Movíanse con tanta fluidez que as follas dos seus patíns susurraban sobre o xeo en lugar de rascarse nel."[12]

Despois das Olimpíadas, a parella regresou á patinaxe profesional e mudouse a Simsbury (Connecticut). Durante a tempada de 1994-1995 viaxaron con Stars on Ice, esta vez como cabezas de cartel. Ese ano Gordeeva foi nomeada unha das "50 persoas máis fermosas" pola revista People.[13] Ese verán, Gordeeva e Grinkov foron escollidos para a introdución do Mundial de Patinaxe Artística, Mundial da Fama e planearon volver a Stars on Ice para a súa cuarta tempada.

O 20 de novembro de 1995, Sergei Grinkov derrumbouse sobre o xeo e morreu aos 28 anos por un ataque ao corazón.[14] A parella estaba no xeo en Lake Placid (Nova York) ensaiando para a noite da estrea da próxima xira. Máis tarde os médicos descubriron que Grinkov tiña unha enfermidade conxénita no corazón que lle causou a morte.[7]

Carreira en solitario

[editar | editar a fonte]

En febreiro de 1996, Gordeeva volveu ao xeo, esta vez como patinadora solista.[15] A súa actuación en solitario foi un tributo ao seu falecido marido,[7] patinando a sección 'Adagietto' da 5ª Sinfonía de Gustav Mahler. O número levouse a cabo soamente dúas veces, primeiro nunha preestrea nun club de patinaxe en Ontario, Canadá, e despois o 27 de febreiro de 1996, nun tributo televisivo a Grinkov, chamado "Celebración dunha Vida",[16] no que tomaron parte numerosas estrelas de patinaxe. Gordeeva dixo que se sentía como se patinase con Sergei aquela noite, que era "dobremente forte" porque o sentía con ela.[6] Ese mesmo ano coa axuda do autor E. M. Swift, contou a súa historia nun libro titulado Мy Sergei (en galego Meu Sergei).[4] En febreiro de 1998, a CBS emitiu un docudrama do mesmo nome baseado no libro. Ela publicou un segundo libro en abril de 1998, titulado A Letter for Daria. En 1998 díxolle a un entrevistador que "a miña vida de boa patinaxe, e patinar con el, acabou... Agora non intentarei ir ás Olimpadas. Tomo a patinaxe como un traballo."[17]

Gordeeva regresou a Stars on Ice como patinadora en solitario e estivo de xira co espectáculo todos os anos ata 2000, cando se tomou un tempo para dar a luz a súa segunda filla en xuño de 2001. Regresou á xira como estrela convidada en varias ocasións, pero nunca volveu a tempo completo. Ademais de excursións e expectáculos, Gordeeva competiu con éxito como patinadora profesional en solitario, terminando tan alto como o segundo lugar no Campionato Profesional do Mundo (en 1997). Parou de competir no 2000, pero continúa patinando en xiras profesionais de patinaxe, espectáculos e concursos. Aínda que nunca volveu a patinar en parella de maneira profesional, presentouse en parella en numerosos espectáculos con patinadores entre os que se inclúen Artur Dmitriev, Anton Sikharulidze, David Pelletier, e John Zimmerman. Para a tempada de 1998-99 con Stars on Ice, ela e os seus compañeiros rusos Ilia Kulik, Elena Bechke, e Denis Petrov formaron un cuarteto que mostrou as súas habilidades en parella, en 1999-2000, ela e Kulik formaron un dueto romántico durante a xira. Tamén regresou cunha parella de patinaxe durante a tempada de 2008-2009, cando participou nun reality show de televisión chamado "Ice Age 2", unha versión de patinaxe artística de Dancing with the stars. Fixo parella co actor ruso Egor Beroev, e xuntos gañaron o espectáculo.

Ekaterina Gordeeva firmou varios contratos de publicidade, o máis importate dos cales foi con Target e deu lugar a dous perfumes ("Katia" e "Katia Sport") que se venden a través das tendas Target.[18] Gordeeva e a súa filla, Daria, apareceron na película do verán de 1997 chamada "Snowden on Ice" e Gordeeva apareceu na secuela de 1998, "Snowden's Raggedy Ann and Andy Holiday Show". Representou Rolex e tamén apareceu coa súa filla Daria no anuncio "Got Milk?" .[19]

En 2001 fixéronlle unha estatuíña de Lenox chamada Katia's Celebration of Life[20], que representaba a realización dun xiro inclinado cara a atrás no tributo que lle fixo a Grinkov.[21] Tamén apareceu no 2003 en Sports Illustrated Swimsuit Issue como unha atleta destacada.[22] En 2003, apareceu no xeo por primeira vez con Daria. A parella realizou un dúo durante o espectáculo do Día da Nai e volveron xuntas ao xeo en varias ocasións dende entón, incluíndo dúas versións diferentes de "Children off the World" de Amy Grant no espectáculo Family & Friends de Kristi Yamaguchi en 2005 e 2006. Durante este espectáculo en 2007, o dúo nai-filla converteuse nun trío cando se lles uniu a filla máis nova de Gordeeva, Lizza, e as tres patinaron xuntas con "Homesick" interpretada en directo por The Cheetah Girls. Daria renunciou á patinaxe artística en 2007.[14]

En 2007, Ekaterina Gordeeva protagonizou Skate for the Heart,[23] un espectáculo para crear conciencia sobre as enfermidades do corazón. Patinou en honor a Sergei. En 2008, voou aos Estados Unidos dende Rusia durante a gravación de "Ice Age 2" co fin de protagonizar Skate for the Heart por segunda vez. Esta vez dedicou o número á memoria do seu pai, Alexander Gordeev, quen morreu dun ataque cardíaco en 2008. Ademais da patinaxe, Gordeeva atreveuse co adestramento e a coreografía.[14]

En 2010 Gordeeva competiu co xogador de hockey Valeri Bure no programa de patinaxe artística Battle of the Blades[24]. O 22 de novembro de 2010, finalmente ela e Bure gañaron a competición.[25] Gordeeva reincorporouse a Stars on Ice en novembro de 2010, para o 25º aniversario da xira.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O 15 de xuño de 2001, Gordeeva deu a luz a súa segunda filla, Elizaveta Ilinichna Kulik (tamén chamada Lizza, un diminutivo ruso do nome Elizaveta, pronunciado LEE-za), cuxo pai é o medallista de ouro dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998, Ilia Kulik.[2][26] Gordeeva e Kulik casaron nunha cerimonia privada en San Francisco o 10 de xuño de 2002.[27]

Residiron en California, varios anos antes de mudarse a Avon (Connecticut) en 2003.[28] A familia regresou aos Ánxeles en 2007 e actualmente reside en Newport Beach (California). Gordeeva, Kulik, Daria e Elizaveta fixeron a súa primeira aparición en televisión como familia para Kristi Yamaguchi's Friends & Family en 2005, e repetiron a súa aparición nas versións do espectáculo de 2006 e 2007.[15] Ela e a súa familia falan en ruso na casa, e viaxan frecuentamente a Rusia.[14][29]

En 2012, Kulik e Gordeeva abriron unha pista de patinaxe en Lake Forest (California).[30]

  • My Sergei: A Love Story

Escrito coa axuda do escritor E. M. Swift e publicado en 1996, esta historia dos seus anos xuntos encabezou a lista de máis vendidos de Nova York [31] e inclúe moitas fotografías en branco e negro e en cor da colección persoal de Gordeeva e Grinkov e fotos publicitarias das súas xiras, como Stars on Ice. Tamén se fixo unha versión cinematográfica do libro, protagonizada polo dúo ruso de patinaxe Elena Berezhnaya e Anton Sikhuralidze, que incluíu entrevistas con familiares e amigos, e secuencias de patinaxe.[32][33]

O libro infantil A Letter for Daria foi escrito para a súa filla, Daria Sergeievna Grinkova.

Trátase dunha carta autobiográfica de nai a filla sobre recordos da infancia, patinaxe, diferenzas entre a cultura rusa e anericana, e a importancia da familia e inclúe fotos da colección persoal de Ekaterina Gordeeva.

  1. 1,0 1,1 Swift, E.M. (1988-02-29). "1988 Flashback: A Magical Twosome". Sports Illustrated. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 10 de outubro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 "Ekaterina Gordeeva and Sergei Grinkov, Biography" (en ruso). gordeeva.com. Consultado o 2008-11-30. 
  3. Voznesyuh, Dmitriy. "Ekaterina Gordeeva vai pasar as súas vacacións en Moscova" (en ruso). Sportcom. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2007. Consultado o 2008-01-28. 
  4. 4,0 4,1 "Love of her life". People. March 25, 1996. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2007. Consultado o 2007-11-12. 
  5. Yu, Sylvia. "Marina's Muse." Grace & Gold Newsletter: The Official Publication of the Gordeeva & Grinkov Fan Club. Winter 1999. pp. 1&4.
  6. 6,0 6,1 "Love on Ice". AMI Specials. April 11, 2000. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2009. Consultado o 2007-11-12. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 "Then & Now: Ekaterina Gordeeva". CNN. June 22, 2005. Consultado o 2007-11-12. 
  8. Gordeeva, Ekaterina. My Sergei: A Love Story. Warner Books Inc., 1996. ISBN 0-446-52087-X.
  9. Dadygeen S. (1988). "A secret of success" (en ruso). Soviet Sports. Consultado o 2008-12-07. 
  10. 10,0 10,1 Sheluhin A. (1988-02-28). "Ekaterina's Smile" (en ruso). Soviet Sports. Consultado o 2008-12-07. 
  11. Kantrowitz, Barbara (December 11, 1995). "Beyond the Tears". People (magazine). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2007-11-12. 
  12. Knapp, Gwen (February 25, 2006). "A golden princess: Quiet deserving winner". San Francisco Chronicle. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o August 21, 2010. 
  13. "Ekaterina Gordeeva". People (magazine). May 4, 1994. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2007-11-12. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 Korobatov, Yaroslav (2007-11-01). "Двукратная олимпийская чемпионка Екатерина ГОРДЕЕВА: Мы не хотели афишировать в прессе роман с Ильей Куликом" [Ilia Kulik máis eu non quixemos publicita-lo noso romance]. Komsomolskaja Pravda (en ruso). Consultado o 2008-01-28. 
  15. 15,0 15,1 Vaytsekhovskaya, Elena (2003-10-14). "ФИГУРНОЕ КАТАНИЕ Екатерина ГОРДЕЕВА" [Entrevista con Ekaterina Gordeeva]. Sport Express (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2009. Consultado o 2008-11-30. 
  16. "Right on Target". International Figure Skating. July/August 1996. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2009. Consultado o 2007-11-12. 
  17. Lopez, Steve (26 de xaneiro de 1998). "Life After The Glory". Time. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2012. Consultado o 2007-11-12. 
  18. "Right on Target". International Figure Skating. March/April 2000. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2009. Consultado o 2007-11-12. 
  19. Milk, Got. (2005-06-24) Grinkova Gordeeva | Flickr – Photo Sharing!. Flickr. Retrieved on 2011-11-02.
  20. "Lenox Ice Skater Figurine 'Katia's Celebration of Life'". EBTH (en inglés). Consultado o 2018-04-30. 
  21. "Seen and Heard". International Figure Skating. October 2002. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2009. Consultado o 2007-11-12. 
  22. SI.com – Swimsuit Collection – Ekaterina Gordeeva Arquivado 18 de marzo de 2013 en Wayback Machine.. Sportsillustrated.cnn.com. Retrieved on 2011-11-02.
  23. "2007 Skate For The Heart - Ekaterina Gordeeva - Celtic Woman". You tube. 2012-01-28. Consultado o 2018-04-30. 
  24. "Russian skaters Ekaterina Gordeeva and Valeri Bure break 'Battle of the Blades' trophy". You Tube. 2010-11-28. Consultado o 2018-04-30. 
  25. Smith, Beverley (September 8, 2010). "Gordeeva crosses skate paths with Bure again". The Globe and Mail (Toronto). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o September 14, 2010. 
  26. "Ekaterina Gordeeva: I don't want to lose ties with my homeland" (en ruso). sports.ru. Consultado o 2008-01-28. 
  27. "Ekaterina Gordeeva". People. January 13, 2003. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2007. Consultado o 2007-11-12. 
  28. "Balancing Act". International Figure Skating. January/February 2004. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2009. Consultado o 2007-11-12. 
  29. "Interview with Ekaterina Gordeeva" (en ruso). sports.ru. Consultado o 2008-01-28. 
  30. Elfman, Lois (September 13, 2012). "Figure skating only at Kulik, Gordeeva's new rink". Ice Network. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2013. Consultado o 10 de outubro de 2012. 
  31. "BEST SELLERS: December 22, 1996". The New York Times. 1996-12-22. 
  32. Sandomir, Richard (1998-01-09). "TV SPORTS; CBS Use of Gordeyeva Goes Way Beyond Ice". The New York Times. 
  33. James, Caryn (1998-05-10). "TELEVISION; Using the Art of Fiction to Enliven Truth". The New York Times. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gordeeva, Ekaterina con E.M. Swift. (1996). My Sergei: A Love Story. Warner Books Inc. ISBN 0-446-52087-X.
  • Brennan, Christine . (21 de novembro, 1995). "Olimpic Skater Gikov dies at 28". The Washington Post.[1]
  • Gordeeva, Ekaterina. A Letter for Daria. Little Brown & Co., 1998. ISBN 0-316-32994-0.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Brennan, Christine (1995-11-21). "OLYMPIC SKATER GRINKOV DIES AT 28". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2018-04-30.