Economía de Tailandia
Economía de Tailandia | |
---|---|
Moeda | Baht |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, ASEAN, APEC |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 580,3 mil millóns (2010) |
Posición do PIB | 25ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 7,6% (2010) |
PIB per cápita | $ 8,700 (2010) |
PIB por sector | agricultura 10,4%, industria 45,6%, comercio e servizos 44% (2010) |
Inflación | 3,3% (2010) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 38,7 millóns (2010) |
Forza de traballo por sector | agricultura 42,4%, industria 19,7%, comercio e servizos 37,9% (2008) |
Desemprego | 1,2% (2010) |
Industrias | turismo, téxtiles e roupas, procesamento agrícola, bebidas, tabaco, cemento, manufacturas (xoias, aparellos eléctricos, computadores e pezas, circuítos integrados), móbiles, plásticos, automóbiles e pezas, tungsteno (2º produtor mundial), estaño |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 191,3 mil millóns (2010) |
Produtos de exportación | téxtiles e calzados, produtos de pesca, arroz, caucho, xoias, automóbiles, equipamentos eléctricos e computadores |
Principais mercados | Estados Unidos 10,9%, República Popular da China 10,6%, Xapón 10,3%, Hong Kong 6,2%, Australia 5,6%, Malaisia 5% (2009) |
Importacións | 156,9 mil millóns (2010) |
Principais produtos importados | bens de capital, bens intermediarios e materias primas, bens de consumo, combustíbeis |
Principais mercados | Xapón 18,7%, República Popular da China 12,7%, Malaisia 6,4%, Estados Unidos 6,3%, Emiratos Árabes Unidos 5%, Singapur 4,3%, Corea do Sur 4,1% (2009) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 82,5 mil millóns (2010) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Cunha boa infraestrutura, unha economía de mercado aberto, políticas favorables a investimentos e fortes políticas de exportación, Tailandia tivo un sólido crecemento entre os anos 2000 e 2007, superior a 4% ao ano,[1] alcanzando cotas do 6,9% e 6,1% en 2003 e 2004, tras recuperarse da crise asiática do 1997-1998.[1]
Durante a última etapa do Goberno do primeiro ministro Thaksin en 2006, o nivel de investimentos descendeu un 26%. A crise financeira global do 2008-2009 afectou severamente ás exportacións do país, coa maioría dos sectores sufrindo reducións significativas. O 2009 a economía contraeuse nun 2,2%[1]. No 2010 a economía recuperouse e expandiuse un 7,6%, o seu máis alto crecemento dende o 1995. As exportacións recuperáronse da súa caída no 2009[1]. As protestas contra o goberno entre marzo e maio polarizaron a situación política e tiveron un impacto no consumo e no nivel de confianza dos consumidores[1].
A pesar de haber sido afectado o turismo durante as protestas, a súa rápida recuperación axudou a elevar a confianza dos consumidores e dos negocios. O PIB medrou o 0,1% no ano 2011 [3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2007.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).
- ↑ ""Economic Outlook: Thai Economic Performance in 2011 and Outlook for 2012 Office of the National Economic and Social Board.Consultado o 24 de marzo de 2012." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de febreiro de 2013. Consultado o 24 de abril de 2012.