Dulcamara
Aparencia
Dulcamara | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Solanum dulcamara' L. 1753 |
A dulcamara[1] (Solanum dulcamara) é unha planta herbácea perenne da familia das solanáceas, nativa de Eurasia pode chegar a acadar os 4 metros de altura, aínda que o normal é que non chegue aos 2. As follas, pecioladas, teñen entre 4 e 12 cm de longo, as flores, violetas, están en acios de 3 a 20. O froito é unha baga ovoide vermella, velenosa para os humanos e o gando por conter solanina pero comestible para os paxaros.
Outros nomes en galego inclúen: escornacabras (non confundir coa especie: Pistacia terebinthus, cornabude ou terebinto), mexacán (non confundir coa especie: Taraxacum officinale), uvas de can (non confundir coa especie: Tamus communis ou norza moura) e uva de can.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Flores
-
Froitos
-
Hábitat e porte en Oslo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dulcamara.