Duane Allman
Nome orixinal | (en) Howard Duane Allman |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de novembro de 1946 Nashville, Estados Unidos de América |
Morte | 29 de outubro de 1971 (24 anos) Macon, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte accidental, accidente de motocicleta |
Outros nomes | Skydog |
Educación | Seabreeze High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, compositor de cancións |
Período de actividade | 1961 - 1971 |
Membro de | |
Xénero artístico | Southern rock, Blues, rock and roll, Blues rock e Música country |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | Mercury Records |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Galadrielle Allman |
Irmáns | Gregg Allman |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | duaneallman.com |
Howard Duane Allman, nado en Nashville (Tennessee) o 20 de novembro de 1946 e finado en Macon (Xeorxia) 29 de outubro de 1971, foi un guitarrista de rock e músico de sesión estadounidense, fundador e líder de The Allman Brothers Band. A pesar de que só tivo unha curta carreira dentro do mainstream, o seu compañeiro Ted Nugent remarcou que Allman e "un dos máis grandes guitarristas brancos de blues da historia".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a tocar a guitarra ao 14 anos de idade. The Allman Brothers Band formouse en Jacksonville, Florida en 1969,[1][2][3][4] e acadou o seu máior éxitos a comezos dos 70. Allman é lembrado sobre todo pola súa breve, aínda que moi influínte, etapa na banda, e particularmente pola súa expresiva forma de tocar a slide guitar e as súas inventivas habilidades para a improvisación.[5] Era xa un músico de sesión moi solicitado antes de formar a banda e tocou con artistas xa establecidos como King Curtis, Aretha Franklin, Herbie Mann, Wilson Pickett e Boz Scaggs. Tamén colaborou no álbum de 1970 Layla and Other Assorted Love Songs de Derek and the Dominos. Morreu tras un accidente de moto en 1971, cando tiña 24 anos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Poe, Randy, 1955-. Skydog : the Duane Allman story. New York, NY. ISBN 978-1-61713-487-6. OCLC 1085348642.
- ↑ Taylor, Stephen Wallace, 1965-. Macon. Charleston, South Carolina. ISBN 978-1-4671-1115-7. OCLC 855046179.
- ↑ Hall, Mitchell K. The emergence of rock and roll : music and the rise of American youth culture. New York. ISBN 978-1-135-05358-1. OCLC 858126652.
- ↑ Luhrssen, David,. Encyclopedia of classic rock. Santa Barbara, California. ISBN 978-1-4408-3514-8. OCLC 957223431.
- ↑ "In memory of Duane Allman". TODAY.com (en inglés). Consultado o 2020-09-17.