Dries van der Lof
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de agosto de 1919 Emmen, Países Baixos (pt) |
Morte | 24 de maio de 1990 (70 anos) Enschede, Países Baixos |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, enxeñeiro, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Andre "Dries" van der Lof, nado en Emmen o 23 de agosto de 1919 e finado en Enschedeo 24 de maio de 1990, foi un piloto de carreiras dos Países Baixos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Van der Lof era un industrial cuxa factoría fabricaba cables eléctricos,[1] e competiu como afeccionado en eventos de automobilismo. Participou nun Gran Premio do Campionato do Mundo, o Gran Premio dos Países Baixos de 1952, o 17 de agosto de 1952, onde xunto a Jan Flinterman foi o primeiro piloto dos Países Baixos en competir nunha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1.[2] Participou nun HWM 52, retirouse da carreira logo de 70 voltas e non logrou puntos de campionato.[3] Máis tarde comprou un Maserati 250F e competiu en carreiras históricas ata a década de 1980.[3]
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1952 | Hersham and Walton Motors | HWM 52 | Alta 4 en liña | SUI | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | NED NC |
ITA | NC | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jenkins, Richard. "Where are they now: Andre van der Lof". Old Racing Cars. Consultado o 31 de marzo de 2012.
- ↑ "1952 Dutch GP Report". GrandPrix.com. Inside F1. Consultado o 31 de marzo de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "Andre van der Lof Profile". GrandPrix.com. Inside F1. Consultado o 31 de marzo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dries van der Lof |