[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Don DeLillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDon DeLillo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Donald Richard DeLillo Editar o valor en Wikidata
20 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Bronx, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAtenas (1978–1981)
Nova York Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Fordham (pt) Traducir
Cardinal Hayes High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes escénicas Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndramaturgo, ensaísta, novelista, guionista, xornalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Influencias
Pseudónimo literarioCleo Birdwell Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1680347 Allmovie: p422362
BNE: XX1056791 Discogs: 5257606 Editar o valor en Wikidata

Don DeLillo, nado en Nova York o 20 de novembro de 1936 é un escritor estadounidense, coñecido polas súas novelas que retratan a vida do seu país a finais do século XX e principios do XXI. É considerado pola crítica especializada unha das figuras centrais do posmodernismo literario.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dunha familia de inmigrantes italianos, DeLillo naceu no barrio do Bronx. A súa casa estaba habitada por once persoas e, como el mesmo lembra, pasaba "todo o tiempo na rúa";[1] conta tamén que a súa avoa, que viviu cincuenta anos nos Estados Unidos, nunca aprendeu o inglés.

Estudos na Universidade de Fordham, no Bronx, onde se graduou en 1958. Comezou a escribir nun traballo como garda de aparcadoiro e as súas referencias literarias iniciais foron James Joyce, William Faulkner, Ernest Hemingway e Flannery O'Connor.

DeLillo traballou cinco anos na axencia literaria Ogilvy & Mather. Publicou o seu primeiro relato en 1960, "The River Jordan", en Epoch, a revista literaria da Universidade Cornell. Empezou a escribir Americana, a súa primeira novela en 1966 e publicouna en 1971. Catro anos despois contraeu matrimonio con Barbara Bennett. Durante a década de 1970 viviu algúns anos en Grecia, onde escribiu The Names.

O recoñecemento como escritor chegoulle coa novela White Noise, publicada en 1985. A esta seguírona, entre outras, Libra (1988), Mao II (1991) e Underworld (1997). Despois de publicar esa novela produciuse un cambio sutil nas obras de DeLillo, que se volveron "máis breves e meditativas”, con “pontes que entroncaban coas artes visuais.[2]

Cosmopolis (2003) foi considerada “unha incisiva exploración dos danos morais post-11-S” e “converteuse nun texto profético que illou as correntes subterráneas que nos levaron ao presente colapso do sistema”.[3] David Cronenberg adaptaouna ao cinema en 2012.

En 2010 apareceu Point Omega, na que aborda o problema da guerra en Iraq e no ano seguinte saíu o seu primeiro libro de contos, The Angel Esmeralda, unha selección de nove relatos da vintena que publicou ao longo da súa vida.

Novelas
Coleccións de contos
Relatos breves
Obras teatrais
Guións
Ensaios
  • "American Blood: A Journey through the Labyrinth of Dallas and JFK" (1983)
  • "Salman Rushdie Defense" (1994) (Coescrito con Paul Auster)
  • "The Artist Naked in a Cage" (1997)
  • "The Power of History" (1997)
  • "A History of the Writer Alone in a Room" (1999)
  • "In the Ruins of the Future" (2001)
  1. Amend, Christoph; Diez, Georg (11 de outubro de 2007). Die Zeit, ed. "Don DeLillo: "I don't know America anymore"". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2008. Consultado o 1 de setembro de 2012. 
  2. Lago, Eduardo (1 de setembro de 2012). "Cómo escribir con la mirada". Consultado o 1 de setembro de 2012. 
  3. Costa, Jordi (11 de outubro de 2012). El País, ed. "Capitalismo sin amor" (en castelán). Consultado o 11 de outubro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]