[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Dioico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ginkgo biloba, un exemplo de vexetal dioico.

Un organismo dioico, diclino ou gonocórico, é aquel en que as gónadas e, con elas, os gametos masculinos e femininos, son portados por individuos distintos da mesma especie.[1][2][3][4] Este fenómeno coñécese como dioecia,[5][6] ou diclinia.[7]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]
Physalia physalis é un animal colonial dioico.[8]

O termo dioico deriva de dioecia. A palabra dioecia está formada polos elementos di- e -oecia, tirados do grego antigo δι- di-, de δίς dís, "dúas veces", e da palabra οἰκία oikía, "casa". Literalmente: "de dúas casas".[5]

En canto a diclino , é un termo formado polos elementos di- e -clino, este último derivado do grego antigo κλίνη klínē, "tálamo", "leito conxugal".[7] Literalmente: "de dous leitos". Diclinia deriva de diclino.[7]

Nos vexetais

[editar | editar a fonte]

Nas plantas, esta característica aparece en especies primitivas como o gingko (Ginkgo biloba) e a cica (Cycas revoluta), mais tamén nalgunhas máis evolucionadas como o pistacho ou alfóncigo (Pistacia vera).

Nos animais

[editar | editar a fonte]

En animais, dáse o fenómeno inverso, xa que os grupos de maior complexidade como os artrópodos entre os protóstomos e vertebrados entre os deuteróstomos son practicamente na súa totalidade dioicos.

  1. dioico, dioica no dicionario da RAG.
  2. dioico, ca no Diccionario de botánica. Tomo I, de Pío Font Quer, Barcelona, 1993, Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.
  3. diclino, na no Diccionario de botánica. Tomo I, de Pío Font Quer, Barcelona, 1993, Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.
  4. gonocorismo no Diccionario de botánica. Tomo I, de Pío Font Quer, Barcelona, 1993, Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.
  5. 5,0 5,1 dioecica no Diccionario de botánica. Tomo I, de Pío Font Quer, Barcelona, 1993, Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.
  6. K. S. Bawa (1980). "Evolution of Dioecy in Flowering Plants". Annual Review of Ecology and Systematics (en inglés) 11: 15–39. 
  7. 7,0 7,1 7,2 diclinia no Diccionario de botánica. Tomo I, de Pío Font Quer, Barcelona, 1993, Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.
  8. Physalia physalis na ADW.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]