[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Didáctica da linguaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A didáctica da linguaxe é o estudo dos obxectivos instrutivo-formativos, contidos docentes e métodos didácticos inherentes ó proceso do ensino lingüístico,[1] que ten como obxectivo incrementar e perfecciona-la aprendizaxe natural e espontánea do neno sobre a súa lingua materna no nivel de expresión (oral e escrita) e comprensión. A proposta principal da didáctica da linguaxe é atopar o xeito de converter os saberes sabios, propios das disciplinas centradas no obxecto do coñecemento, en saberes "ensinables" a uns alumnos particulares situados nun contexto particular. A esta transformación, o didacta francés Yves Chevallard chamouna transposición didáctica.

A principal acción que debe emprender calquera didacta, e por extensión calquera profesional do ensino que actúe didacticamente, é preguntarse que situación de aprendizaxe creará para conseguir que os seus alumnos se apropien do concepto, procedemento ou actitude que se teña por obxectivo. Nesta situación, un dos factores que intervirán de maneira decisiva é a reformulación do contido orixinal nun que sexa asumible polos alumnos.

No caso da didáctica da lingua, todo aquilo que estea relacionado coa análise, a reflexión e o uso do sistema lingüístico pode ser tratado e investigado.[2] Como disciplina de investigación, a didáctica non pode deixar de banda en ningún momento a realidade das aulas. A descrición e as propostas de mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe deben estar ancorados en contextos específicos.

  1. Beccaria, Dizionario di linguistica, cit., pp. 364-365.
  2. Balboni, Fare educazione linguistica, 2013, cit., p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.