[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Diane Ladd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDiane Ladd

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1932 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Meridian, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónHarrison Central High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de televisión, escritora, actriz de teatro, directora de cinema, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeBruce Dern (1960–1969) Editar o valor en Wikidata
FillosLaura Dern Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webdianeladd.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0002663 Allocine: 1906 Rottentomatoes: celebrity/diane_ladd Allmovie: p39955 38293 IBDB: 48718
Twitter: Diane_Ladd BNE: XX1260372 Discogs: 3971511 WikiTree: Ladner-999 Editar o valor en Wikidata

Rose Diane Ladner, nada en Meridian (Mississippi) o 29 de novembro de 1935[1] é unha actriz, directora, produtora e escritora estadounidense, coñecida como Diane Ladd, que apareceu en máis de 120 filmes e series de televisión. Polo filme de 1974 Alicia xa non vive aquí gañou un premio BAFTA á mellor actriz secundaria e foi candidata ao Óscar. Gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de televisión por Alice (1980–81). É a nai da actriz Laura Dern, co seu exmarido Bruce Dern.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ladd naceu en Meridian, Mississippi, filla única de Mary Bernadette (de solteira Anderson; 1912–2002), ama de casa e actriz, e Preston Paul Ladner (1905–1982), veterinario que vendía produtos para o gando.[2][3][4] Ladd está emparentada como dramaturgo Tennessee Williams[5] e o poeta Sidney Lanier.[6] Ladd foi criada no catolicismo, fe da súa nai.[7][8]

Ladd estivo casada co actor Bruce Dern entre 1960 e 1969, co que tivo dúas fillas, Diane Elizabeth Dern, que faleceu aos dezasete meses, e a actriz Laura Dern. Ladd e Laura Dern coprotagonizaron os filmes Wild at Heart, Rambling Rose e Inland Empire, e a serie de HBO Enlightened.

En 1971, Ladd uniuse ao elenco da telenovela da CBS The Secret Storm, sendo a segunda actriz que interpretou o papel de Kitty Styles. Despois conseguiu un papel secundario no filme de Roman Polanski Chinatown, e foi candidata ao Óscar polo seu papel como Flo no filme Alicia xa non vive aquí.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Premios e candidaturas

[editar | editar a fonte]
Ano Obra Premio Resultado
1974 Alicia xa non vive aquí Globo de Ouro á mellor actriz secundaria Nomeado
Óscar á mellor actriz secundaria Nomeado
1975 BAFTA á mellor actriz secundaria Gañador
1980 Alice Globo de Ouro á mellor actriz secundaria de televisión Gañador
1990 Wild at Heart Globo de Ouro á mellor actriz secundaria Nomeado
Óscar á mellor actriz secundaria Nomeado
1991 Rambling Rose Globo de Ouro á mellor actriz secundaria Nomeado
Óscar á mellor actriz secundaria Nomeado
1993 Dr. Quinn: Medicine Woman Primetime Emmy Award á mellor actriz invitada en serie de drama Nomeado
1994 Grace Under Fire Primetime Emmy Award á mellor actriz invitada en serie de comedia Nomeado
1997 Touched by an Angel Primetime Emmy Award á mellor actriz invitada en serie de drama Nomeado

Paseo da fama de Hollywood

[editar | editar a fonte]

O 1 de novembro de 2010 Ladd, Laura Dern e Bruce Dern recibiron estrelas contiguas no Paseo da fama de Hollywood. Foi a primeira familia en recibir esta consideración. A estrela de Ladd e a 2421.

  1. Ano de nacemento segundo California Divorce Index, 1966–1984. Center for Health Statistics, California Department of Health Services, Sacramento, California at Ancestry.com
  2. Diane Ladd Yahoo! Movies bio Arquivado 14 de agosto de 2007 en Wayback Machine.. Movies.yahoo.com; consultado o 31 de xullo de 2011.
  3. 05-31-02obituaries Arquivado 07 de setembro de 2012 en Archive.is. Ojaivalleynews.com; consultado o 31 de xullo de 2011.
  4. Profile Arquivado 29 de maio de 2016 en Wayback Machine., lifeafter50.coml consultado o 9 de maio de 2014.
  5. ''St. Louis Post-Dispatch'' archives. Nl.newsbank.com (19 de febreiro de 1993); consultado o 31 de xullo de 2011.
  6. RIDING THE CREST OF TWO WIDELY PRAISED PERFORM. Press-Telegram (Long Beach, CA). 20 de setembro de 1991.
  7. "Profile". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2007. Consultado o 14 de xuño de 2007. , pbs.org, 10 de xullo de 2006.
  8. Hoge, Warren. (23 de setembro de 1976) "Diane Ladd Savors 'Top of World'", Select.nytimes.com; consultado o 31 de xullo de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]