Derbi
Derbi | |
---|---|
Tipo | Subsidiaria |
Fundación | 1922 |
Matriz | Piaggio |
Localización | Martorelles, Barcelona Cataluña |
Fundador | Simón Rabasa y Singla |
Industria | Motor |
Produtos | Motos |
Na rede | |
http://www.derbi.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Derbi (DERivado de BIcicleta) foi unha marca catalá de motocicletas. As orixes desta marca remóntanse a 1922, cando Simeón Rabasa i Singla se dedicaba á reparación de bicicletas. En 1944 Simeón, xunto ao seu irmán Josep, crea a marca Bicicletas Rabasa. No ano 1949 decídese comezar no mundo do motor construíndo a Derbi SRS, siglas que corresponden ao creador da marca. A moto tiña un motor de 48 cc e 1,5 cv.
A fábrica atópase na localidade de Martorells (Barcelona) e actualmente forma parte do grupo italiano Piaggio. En 2013 deixou de fabricar.
Competición
[editar | editar a fonte]Ata o ano 2009, Derbi gañou 10 títulos de pilotos (3 deles co lendario piloto Ángel Nieto) e 8 de marcas, ademais de ter logrado 85 vitorias en grandes premios no mundial de velocidade nas diferentes categorías. Nos circuítos son coñecidas como as balas vermellas.
O seu primeiro mundial de pilotos e de marcas chegou en 1969 da man de Ángel Nieto na categoría de 50cc. Derbi e Nieto repiten vitoria en 1970 e en 1971 na categoría de 125cc. En 1972 Derbi consegue o seu segundo mundial en 125cc. En 1986 as balas vermellas conseguen o seu primeiro campionato de 80cc con Jorge Martínez Aspar campión e «Champi» Herreros subcampión. En 1987 Aspar acada o seu segundo campionato do mundo en 80cc e ademais Derbi consegue o mundial de marcas. En 1988 acádase o dobrete, terceiro campionato do mundo en 80cc e o terceiro campionato do mundo de 125cc. En 1989 Derbi conquista o seu último mundial da man de Herreros en 80cc.
- Os títulos mundiais de velocidade de pilotos obtidos na categoría de 50cc son:
Ano | Campión | |
---|---|---|
1969 | Ángel Nieto | |
1970 | Ángel Nieto | |
1972 | Ángel Nieto |
- Os títulos mundiais de velocidade de pilotos obtidos na categoría de 80 cc son:
Ano | Campión | |
---|---|---|
1986 | Jorge Martínez Aspar | |
1987 | Jorge Martínez Aspar | |
1988 | Jorge Martínez Aspar | |
1989 | Manuel Herreros "Champi" |
- Os títulos mundiais de velocidade de pilotos obtidos na categoría de 125 cc son:
Ano | Campión | |
---|---|---|
1971 | Ángel Nieto | |
1972 | Ángel Nieto | |
1988 | Jorge Martínez Aspar | |
2008 | Mike Di Meglio |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Derbi
- Información e capturas de películas onde aparecen motocicletas Derbi en Internet Movie Car Database