[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Das alte Karussell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Das alte Karussell»
Canción de Lys Assia
Lanzamento 1956
Formato Disco de vinilo 7"
Gravada
Xénero musical Pop
Lingua(s) Alemán
Duración
Discográfica Decca Records
Produtor(es)
Escritor(es) George Betz-Stahl
Miscelanea {{{miscelanea}}}

«Das alte Karussell» ([das ˈaltə ˌkaʁʊˈsɛl]; en galego: «O carrusel vello») é unha canción escrita por George Betz-Stahl e interpretada en alemán por Lys Assia. Lanzouse como sinxelo en 1956 mediante Decca Records.[1] Foi elixida para representar a Suíza no Festival de Eurovisión de 1956 tras obte-lo segundo posto nunha final nacional suíza.[2][3]

Festival de Eurovisión 1956

[editar | editar a fonte]
Das alte Karussell
Canción do Festival de Eurovisión 1956
País
Artista(s)
Lingua(s)
Compositor(es)
George Betz-Stahl
Director
Fernando Paggi
Resultados
Posto na Final
2.º[a]
Puntos na Final
-
Cronoloxía
«Refrain» (1956) ►
Lys Assia, intérprete da canción, en 1957.

Selección

[editar | editar a fonte]

«Das alte Karussell» participou nunha final nacional organizada pola emisora suíza Télévision suisse romande. Quedou en segundo lugar, cualificandose para representar a Suíza no Festival de Eurovisión 1956 xunto a «Refrains», a canción gañadora da final.[2]

No festival

[editar | editar a fonte]

A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano, Suíza, o 24 de maio de 1956, sendo interpretada pola cantante suíza Lys Assia.[3] A orquestra foi dirixida por Fernando Paggi.[5]

Foi interpretada en segundo lugar, seguindo aos Países Baixos con Jetty Paerl interpretando «De vogels van Holland» e precedendo a Bélxica con Fud Leclerc interpretando «Messieurs les noyés de la Seine».[4] O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.[6]

Formatos e listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Historial de lanzamento

[editar | editar a fonte]
Rexión Data Formato Discográfica Ref.
 Alemaña 1956 Sinxelo en disco de vinilo 7" de 45 RPM Decca Records [1][7]
  1. Aínda que o resultado das votacións non foi revelado, a páxina web oficial do Festival de Eurovsión asigna ás cancións non gañadoras o segundo posto.[4]
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 "Lys Assia – Das Alte Karussell". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2019. Consultado o 1 de novembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Schweizer Ausscheidung - Finale Suisse - Finale Svizzera" [Final suíza 1956]. Vorstadt Music & Records (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  3. 3,0 3,1 UER (ed.). "Lys Assia - Switzerland — Lugano 1956" [Lys Assia - Suíza — Lugano 1956]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  4. 4,0 4,1 UER (ed.). "Final of Lugano 1956" [Final de Lugano 1956]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  5. "Fernando Paggi". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1956, Fernando Paggi. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 1 de novembro de 2019. 
  6. UER (ed.). "Lugano 1956". Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2019. As puntuacións da votación nunca se fixeron públicas, deixando moito espazo para a especulación. Os intentos de reconstruír a votación entrevistando a membros do xurado durante o últimas cinco décadas non obtiveron ningún resultado fiable. 
  7. 7,0 7,1 "Lys Assia - Das alte Karussell / Es wird nie mehr so schön (Remember Me, Wherever You Go)". 45cat (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2019. Consultado o 2 de novembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Primeira aparición

Suíza no Festival de Eurovisión

1956
Sucesor:
«Refrain»
Lys Assia