[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Daron Malakian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaron Malakian

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónRose and Alex Pilibos Armenian School (en) Traducir
Glendale High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista, músico, cantante, compositor de cancións Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMetal alternativo Editar o valor en Wikidata
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiVartan Malakian Editar o valor en Wikidata

Páxina websystemofadown.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1412175 Facebook: daronmalakian Twitter: daronmalakian Instagram: daronmalakian MySpace: scarsonbroadway Spotify: 2MqLs2L4iNhAUNwJQwjmdm Musicbrainz: 42ba45d2-4938-4bf5-9121-5caffc719c4d Discogs: 282929 Allmusic: mn0000670352 Editar o valor en Wikidata

Daron Vartan Malakian (en armenio: Տարոն Մալաքյան), nado nos Ánxeles (California) o 18 de xuño de 1975, é un músico estadounidense, guitarrista e segunda voz da banda System of a Down, na que compón a maioría das cancións.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Malakian, de ascendencia armenia, foi á escola Rose & Alex Pilibos en Hollywood, onde coñeceu a Serj Tankian e Shavo Odadjian (baixista da banda). Foi tamén á Roosevelt Middle School e á Glendale High School (Glendale).

Co-produce os álbums de System of a Down con Rick Rubin e á vez producen The Ambulance And Band Ácid Trip (unha banda baixo o selo de Serj Tankian, Serjical Strike Records). Nunca lle gustou falar da súa vida privada.

Malakian é quen compón melodicamente case todas as cancións do grupo, a letra adóitaa escribir o vocalista, Serj Tankian. O pai de Daron, Vartan Malakian, fai todos os traballos artísticos do grupo, sobre todo nos dous últimos álbums, é dicir "Mezmerize" e "Hypnotize".

Vive en Glendale (California), non está casado e gústalle coleccionar artigos como esqueletos, candeas e persianas. foi elixido como o cuarto mellor guitarrista do ano na Metal Edge Magazine.

Ten dous álbums extra sen a banda.

Utiliza unha guitarra Ibanez comunmente con traballos artísticos de Vartan Malakian, amplificador Marshal e cordas Ernie ball, aínda que se lle viu en concertos cunha Gibson SG.