[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Daniel Monzón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniel Monzón

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor en Wikidata (55/56 anos)
Palma, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, director de cinema Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webadictosalcine.com… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0600409 Allocine: 226576 Allmovie: p192244 TCM: 1233538 BNE: XX959105 Editar o valor en Wikidata

Daniel Monzón Jerez, nado en Palma de Mallorca o 24 de agosto de 1968, é un director, guionista e actor español. Recibiu o premio Goya ao mellor director en 2010 polo filme Cela 211.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Palma de Mallorca en 1968. Foi xornalista e crítico de cinema nas revista Fotogramas e nos programas de radio Dos horas de nada de Andrés Aberasturi e La radio de Julia, de Julia Otero. Foi subdirector do programa de Televisión Española Días de cine.

Participou como coguionista de Shortcut to Paradise, 1994, un thriller en inglés de Gerardo Herrero, protagonizado por Charles Dance.

En 1999 escribiu o guión e dirixiu a súa primeira longametraxe, El corazón del guerrero, protagonizada por Fernando Ramallo, Joel Joan e Neus Asensi. Con este filme obtivo dous premios do Festival de Cinema Fantástico de Ámsterdam, o Premio ao Mellor filme Internacional no Festival de Cine Fant–Asia de Montreal, no Canadá e o Premio ao Mellor filme Fantástico en Fantasporto, no Porto, Portugal.

O seu segundo filme foi a comedia El robo más grande jamás contado (2002), coas actuacións de Antonio Resines e Neus Asensi.

En 2006 dirixiu La caja Kovak, coprodución española e estadounidense, rodada en inglés coas actuacións de Lucía Jiménez e Timothy Hutton. Conta a historia dun escritor estadounidense de ciencia ficción que visita Palma de Mallorca para dar unha conferencia e atópase cunha serie de misteriosos suicidios, dos que trata de descubrir o seu sentido. Obtivo o Premio do Público no Festival de Cinema Fantástico de Lund, Suecia.

En 2009 dirixiu Cela 211, coas actuacións de Luís Tosar, Alberto Ammann, Antonio Resines e Marta Etura, e guión de Jorge Guerricaechevarría baseado na novela homónima de Francisco Pérez Gandul, que narra o enfrontamento dun funcionario de prisións a un motín carcelario no seu primeiro día de traballo. O filme gañou oito premios Goya, incluíndo os de mellor filme, mellor director e mellor guión adaptado.[1]

En 2014, estreou o filme de suspense El Niño, protagonizada por Luís Tosar e Jesús Castro[2] e que recibiu 16 nomeamentos aos premios Goya.[3] Xa en 2018, estreou a comedia Yucatán, con Tosar e Rodrigo de la Serna como protagonistas.[4]

En 2021, trala elección como filme de clausura do Festival Internacional de Cinema de Donostia, estreou Las leyes de la frontera, adaptación da novela homónima de Javier Cercas cun elenco encabezado por Marcos Ruiz, Chechu Salgado e Begoña Vargas que obtén 6 nomeamentos aos premios Goya.[5]

Filmografía

[editar | editar a fonte]