DS-U2-I
Aparencia
DS-U2-I foi o nome dun modelo de satélites artificiais soviético adicado a facer estudos da ionosfera terrestre, incluíndo a súa influencia no paso de ondas de radio na VLF.[1][2]
En total lanzáronse tres satélites da serie DS-U2-I: o Kosmos 119 o 24 de maio de 1966, o Kosmos 142 o 14 de febreiro de 1967 e o Kosmos 259 o 14 de decembro de 1968. Os tres satélites foron lanzados desde a base de Kapustin Yar con éxito mediante foguetes Kosmos 2I.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|
24 de maio de 1966, 5:31 GMT | Kapustin Yar | Kosmos 119 | Éxito | Primeiro voo dun DS-U2-I. |
14 de febreiro de 1967, 10:04 GMT | Kapustin Yar | Kosmos 142 | Éxito | |
14 de decembro de 1968, 5:09 GMT | Kapustin Yar | Kosmos 259 | Éxito | Último voo dun DS-U2-I. |