[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

DEFRA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O DEFRA (Department for Environment, Food and Rural Affairs, Departamento de Medio Ambiente, Alimentación e Asuntos Rurais) é un departamento do Goberno do Reino Unido creado en xuño de 2001 responsable da protección ambiental, produción de alimentos e estándares, agricultura, pesca e comunidades rurais. Existen acordos de cooperación entre este departamento e o goberno escocés,[1] goberno galés[2] e o executivo de Irlanda do Norte,[3] os cales teñen competencias para estas materias nas súas respectivas nacións.

O DEFRA tamén representa o Reino Unido en materias de agricultura, pesca e medio ambiente en negociacións internacionais sobre desenvolvemento sustentable e cambio climático, aínda que se creou tamén o novo Departamento de Enerxía e Cambio Climático en outubro de 2008 para asumir esa última responsabilidade; posteriormente transferida ao Departamento de Negocios, Enerxía e Estratexia Industial ao ser elixida Primeira Ministra Theresa May en xullo de 2016.

Responsabilidades

[editar | editar a fonte]

O DEFRA é responsable da política do Goberno Británico nas seguintes áreas:[4]

Algunhas das políticas aplícanse só a Inglaterra debido á devolución de competencias aos gobernos das outras nacións británicas, mentes que outras aplícanse a todo o Reino Unido.

  1. "Concordat between MAFF and the Scottish Executive". Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2011. 
  2. "Concordat between MAFF and the Cabinet of the National Assembly for Wales". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2006. 
  3. "Devolution: Subject specific Concordat between MAFF and the Scottish Executive on fisheries". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2008. 
  4. "Cabinet Office List of Ministerial Responsibilities, July 2010". Cabinetoffice.gov.uk. 16 de setembro de 2010. Consultado o 18 de novembro der 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]