[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cywydd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cywydd é un metro usado polos bardos galeses da época medieval tardía. Fixo a súa aparición a principios do século XIV e converteuse na forma preferida de bardos ata a eclipse da orde bárdica. Entre os grandes mestres do cywydd están Dafydd ap Gwilym e Iolo Goch. Foi o momento máis esplendoroso da poesía galesa nos metros tradicionais, a miúdo referida como A era do cywydd.

Pola súa forma, o cywydd consta de pareados rimados, nos que cada verso está obrigatoriamente conformado ao complexo sistema de cynghanedd.

O cywydd segue a ser un dos metros tradicionais máis populares para os poetas contemporáneos de fala galesa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]