Conmemoración da Paz de Hiroshima
(ja) 原爆ドーム (ja) 広島平和記念碑 | |||||
Tipo | A-bombed building (en) monumento conmemorativo | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Ōtemachi, Xapón (en) | ||||
Localización | Parque Memorial da Paz de Hiroshima (pt) | ||||
| |||||
Bañado por | Motoyasu River (en) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 25 () m | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 0,4 ha zona de protección: 42,7 ha | ||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio cultural → Asia-Oceanía insular | ||||
Data | 1996 (20ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vi) | ||||
Identificador | 775 | ||||
Sitio histórico do Xapón | |||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 5 de abril de 1915 | ||||
Cronoloxía | |||||
6 de agosto de 1945 | Bombardeo atómico de Hiroshima | ||||
Actividade | |||||
Propietario | Hiroshima e Prefectura de Hiroshima | ||||
Premios | 100 Landscapes of Heisei (en) | ||||
A Conmemoración da Paz de Hiroshima ou Memorial da Paz de Hiroshima, chamada tamén Cúpula Genbaku (原爆ドーム; Genbaku Dōmu?) ou Cúpula da Bomba Atómica polos xaponeses, atópase en Hiroshima, Xapón.
Historia
[editar | editar a fonte]O edificio foi orixinalmente proxectado polo arquitecto checo Jan Letzel para a Exposición Comercial da Prefectura de Hiroshima.[1] Foi terminado en abril de 1915 e inaugurado oficialmente en agosto dese ano.[2] O edificio tiña como obxectivo promover a venda de bens producidos en Hiroshima.[1] É unha construción de ladrillo e formigón, cunha cúpula de estrutura de aceiro e 25 metros de altura.
En 1944, o edificio deixou de ser usado para a promoción industrial e foi convertido na sede de varias oficinas locais.[1]
O hipocentro da explosión da primeira bomba atómica lanzada sobre unha poboación civil o 6 de agosto de 1945 situouse a unha distancia de apenas 150 metros na horizontal e 600 metros na vertical do edificio, sendo a estrutura máis próxima que resistiu ao impacto. O edificio foi inmediatamente preservado exactamente como se atopaba despois do bombardeo. Serve hoxe como un monumento conmemorativo da devastación nuclear e un símbolo de esperanza na paz mundial e a eliminación de todas as armas nucleares.
Dende 1996 está na lista do Patrimonio da Humanidade da Unesco.[3]
Parque Conmemorativo da Paz de Hiroshima
[editar | editar a fonte]A Cúpula Genbaku sitúase no Parque Conmemorativo da Paz de Hiroshima que contén outros monumentos levantados posteriormente:
- Estatua dos Nenos da Bomba Atómica, en memoria dos nenos que morreron vítimas da bomba.
- Monte Conmemorativo da Bomba Atómica, coas cinzas de 70 mil vítimas non identificadas.
- Cenotafio das Vítimas Coreanas, en homenaxe aos preto de 20 mil coreanos mortos no bombardeo.
- Cenotafio Conmemorativo, coa inscrición «Descansade en paz, pois o erro xamais se repetirá».
- Chama da Paz, que permanecerá alumando ata que a ameaza de aniquilación nuclear deixe o planeta Terra.
- Campá da Paz, que os visitantes poden tocar en honra á paz mundial.
- Sala Nacional Conmemorativa da Paz de Hiroshima, que inclúe a Sala da Memoria cunha reconstrución de 360º de Hiroshima despois da bomba, formada por 140 mil ladrillos (o número de vítimas até o final de 1945).
- Museo Conmemorativo da Paz de Hiroshima.
- Portas da Paz, cinco portas de cinco metros de altura coa palabra «paz» escrita en varios idiomas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 La historia del edificio que sobrevivió a la bomba atómica de Hiroshima (en castelán). ABC.
- ↑ Cúpula Genbaku. El Correo Gallego.
- ↑ "Hiroshima Peace Memorial (Genbaku Dome)". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Unesco.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conmemoración da Paz de Hiroshima |