Concello de Sorsele
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Condado de Västerbotten | ||||
Capital | Sorsele (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.373 (2024) (0,3 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua sueca linguas saamis | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 7.957,97 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Páxina web | sorsele.se | ||||
Sorsele (saami: Suorsán tjeälddie) é un municipio sueco (kommun) do condado de Västerbotten.[1] Atópase no landskap de Lappland. O concello limita ao oeste co municipio de Rana en Noruega, e cos concellos suecos de Arjeplog ao norte, Arvidsjaur ao nordés, Malå e Lycksele ao leste e Storuman ao sur. Sorsele é o segundo municipio sueco con menos habitantes. A súa capital é Sorsele, que é o único núcleo urbano do concello onde en 2015 vivía o 46,7% dos seus habitantes. No ano 2022 a poboación do concello era de 2 455 habitantes.[2]
O concello de Sorsele forma parte dende o 1 de xaneiro de 2010 dunha administración onde a cultura e a lingua saami teñen unha protección especial.[3]
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do municipio correspóndese coa parroquia de Sorsele onde se fundou o concello rural do mesmo nome cando se aplicou a reforma municipal de 1862 en Lappland en 1874.
A localidade municipal de Sorsele estableceuse o 15 de novembro de 1935 e disolveuse a finais de 1955.
A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona, que tampouco afectou aos condados de Västerbotten e Norrbotten.[4]
O municipio de Sorsele naceu coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización do municipio rural de Sorsele.[5]
O concello pertence dende a súa formación ao partido xudicial de Lycksele.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-27.
- ↑ "Information på Svenska". Sorsele kommun (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Folkräkningen 1950" (PDF). scb.se. Consultado o 10 de setembro de 2022.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.