[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Combarro, Combarro, Poio

Combarro

Combarro
ParroquiaCombarro
ConcelloPoio
Coordenadas42°25′55″N 8°42′17″O / 42.431857465591, -8.704800914351
Poboación1.251 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Combarro é un lugar da parroquia de Combarro no concello pontevedrés de Poio na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 1.251 habitantes (607 homes e 644 mulleres).

É o núcleo principal da parroquia poiense do mesmo nome. Ademais, contén un dos conxuntos históricos máis fermosos e mellor conservados de Galicia. É famoso tamén polos seus hórreos, á beira do mar.

Comunicacións

[editar | editar a fonte]

A principal estrada para chegar a Combarro é a PO-308, que bordea a costa norte da ría. Atópase preto de Poio, Sanxenxo ou Pontevedra

Economía

[editar | editar a fonte]

O sector turístico e comercial é o máis importante. Ten numerosos restaurantes, marisquerías e tendas no núcleo histórico. Tamén é importante o sector pesqueiro, co porto de Combarro. O sector secundario é case inexistente e poucas persoas traballan no sector primario, dado o ambiente urbano da vila.

Conxunto histórico artístico

[editar | editar a fonte]

Hai un catálogo dixital aberto do conxunto artístico de Combarro.[2]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Combarro

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Combarro no concello pontevedrés de Poio

A Armada | Chancelas | Chousa | Cidrás | Combarro | A Costa | Tarrío | Xuviño

Parroquias de Poio

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Poio

Combarro (San Roque) | Poio (San Salvador) | Poio (San Xoán) | Raxó (San Gregorio) | Samieira (Santa María)

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  2. "A palleira". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2017. Consultado o 25 de outubro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]