Chus Lampreave
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Jesús Lampreave Pérez 11 de decembro de 1930 Madrid, España |
Morte | 4 de abril de 2016 (85 anos) Almería, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema |
Período de actividade | 1958 - 2016 |
Premios | |
| |
|
María Jesús Lampreave, nada en Madrid o 11 de decembro de 1930 e finada en Almería o 4 de abril de 2016,[1] foi unha actriz española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que nunca tivo vocación de actriz, converteuse nunha das máis recoñecidas e apreciadas do cine español. Participou en máis de cincuenta películas e numerosos traballos en televisión, colaborando cos máis importantes directores do Estado.
Tras cursar o bacharelato e movida pola súa gran paixón pola pintura, ingresou na Academia de Belas Artes de San Fernando e por medio de Jaime de Armiñán, en 1958, Chus fai o seu debut como actriz na televisión. Os seus comezos no cine foron da man de Marco Ferreri e Luis García Berlanga, con quen traballou despois en películas tan emblemáticas como El verdugo e na triloxía Nacional.
Mais os seus maiores éxitos serían na década de 1980 e da man do director Pedro Almodóvar, co que roda Entre tinieblas (1983), ¿Qué he hecho yo para merecer esto? (1984) e Matador (1986). Con el colaborou en cinco películas máis, incluíndo Hable con ella (2002) e Volver (2006). É a única actriz que traballou co manchego con regularidade en toda a súa filmografía.
Con Fernando Trueba actúa, en 1986, en El año de las luces, nun papel que supón a primeira das súas cinco candidaturas ao Premio Goya. Especializada en personaxes inxenuos ou despistados, adquire maior protagonismo en Espérame en el cielo (Antonio Mercero, 1988). Con Trueba volve a colaborar en Belle Époque (1992), filme gañador do Oscar á mellor película de fala non inglesa e pola que Chus obtivo o Goya á mellor actriz secundaria.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]Premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]Festival Internacional de Cine de Cannes
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2006 | Mellor actriz (en conxunto co resto de actrices) | Volver | Gañadora |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1995 | Mellor interpretación feminina secundaria | La flor de mi secreto | Candidata |
1992 | Mellor interpretación feminina secundaria | Belle Époque | Gañadora |
1989 | Mellor interpretación feminina secundaria | Bajarse al moro | Candidata |
1988 | Mellor interpretación feminina secundaria | Espérame en el cielo | Candidata |
1986 | Mellor interpretación feminina secundaria | El año de las luces | Candidata |
Ano | Categoría | Película/Serie de TV | Resultado |
---|---|---|---|
2005 | Toda una vida | Gañadora | |
1993 | Mellor actriz de televisión | ¿De parte de quién? | Semifinalista (1ª rolda) |
1990 | Mellor actriz de televisión | Eva y Adán, agencia matrimonial | Candidata |
1988 | Mellor actriz de cine | Espérame en el cielo Miss Caribe Mujeres al borde de un ataque de nervios |
Candidata |
1986 | Mellor actriz de cine | El año de las luces Lulú de noche MatadorMatador |
Candidata |
1984 | Mellor actriz de cine | ¿Qué he hecho yo para merecer esto? | Candidata |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor actriz secundaria de cine | Fuera de carta | Candidata |
2006 | Mellor actriz secundaria de cine | Volver | Gañadora |
1995 | Mellor interpretación secundaria de cine | La flor de mi secreto | Candidata |