Chang'e 2
Chang'e 2 | |
---|---|
Asteroide 4179 Toutatis fotografiado por Chang'e 2 | |
Tipo | Sonda lunar |
Contratistas principais | CAST |
Data de lanzamento | 1 de outubro de 2010[1][2][3] |
Foguete portador | CZ-3C[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro de lanzamento de Xichang[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Estudo da Lúa.[2][3][4] |
NSSDC ID | 2010-050A |
Masa | 2480 kg[2][4][5] |
Chang'e 2 foi a segunda sonda lunar chinesa, lanzada o 1 de outubro de 2010 mediante un foguete CZ-3C desde o centro de lanzamento de Xichang.[1][2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Chang'e 2 recibe o seu nome dunha lenda chinesa na que unha rapaza xove voa ata a Lúa. Foi construída como sonda de respaldo para Chang'e 1, en caso de fallar. Usa o bus DFH-3 e ten unha masa de 2480 kg. Leva a bordo cámaras capaces de obter imaxes de 10 m de resolución a 100 km da superficie lunar e 1,5 m a 15 km. Leva tamén espectrómetros de raios X e raios gamma para estudar a composición da superfie e un altímetro láser para estudar a topografía do noso satélite.[5][4][2]
Chang'e 2 finalizou a súa misión o 1 de abril de 2011. O 9 de xuño dese ano abandonou a órbita lunar e dirixiuse cara ao [[punto de Lagrange L2] do sistema Terra-Sol para facer probas de enxeñería. Máis tarde a sonda foi redirixida para un encontro co asteroide (4179) Toutatis, que tivo lugar o 12 de decembro de 2012.[5][4][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2022). Real Time Satellite Tracking, ed. "CHANG E 2" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "Chang'e 2" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 15 June 2012 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (12-57322 (E)). 13 de novembro de 2012: 9. Consultado o 21 de decembro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Chang'e 2 (CE 2)" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2022). "Chang'e 2" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2022.