Cesc Gay
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Francesc Gay i Puig 1967 (56/57 anos) Barcelona, España |
Outros nomes | Cesc Gay |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista |
Período de actividade | 1998 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Àgata Roca |
Premios | |
| |
Francesc Gay i Puig, máis coñecido coma Cesc Gay (Barcelona, 1967) é un director de cinema e guionista catalán.
Biografía
[editar | editar a fonte]Estudou cinema na EMAV (Escola de Mitjans Audiovisuals de Barcelona) onde de graduou en 1990. Debutou coma director en 1998, xunto co arxentino Daniel Gimelberg, coa súa obra Hotel Room. Por volta do ano 2000 foi elixido para levar ao cinema a obra de teatro Kràmpack, realizando ademais a súa adaptación.
En 2002 foi o creador e responsábel da coordinación de guión da serie de TV3 Jet lag, realizada pola compañía T de Teatre. En 2003 estrea o filme En la ciudad (protagonizada entre outros por Mònica López, Eduard Fernández, María Pujalte) e Leonor Watling, coa que consegue o recoñecemento mundial ao seu traballo; con ela Eduard Fernández consegue o Premio Goya ao mellor actor secundario, obtendo tres nomeamentos máis, para Mònica López coma actriz de secundaria e para o propio Cesc Gay á dirección e ao guión adaptado.
En 2006 estrea Ficció, protagonizada por Eduard Fernández, Javier Cámara, Montse Germán, Carme Pla e mais Àgata Roca, e producida por Gerardo Herrero e Marta Esteban. Por este filme foi galardoado co Premio Nacional de Cinema concedido pola Generalitat de Cataluña en 2007. Posteriormente dirixiu V.O.S, unha adaptació da obra teatral de Carol López. No ano 2012 estrea Una pistola en cada mano (en galego, Unha pistola en cada man), interpretada entre outros por Ricardo Darín, Luís Tosar, Javier Cámara, Eduard Fernández, Alberto San Juan, Candela Peña, Eduardo Noriega e Leonor Watling.
En 2015 dirixiu Truman, unha coprodución hispano-arxentina con Javier Cámara e Ricardo Darín, un filme que retrata o emotivo reencontro de dous vellos amigos pola doenza terminal dun deles, e que conseguiu 11 nomeamentos aos premios Gaudí[1] e seis nomeamentos aos premios Goya, dos que gaña cinco, incluídos mellor filme e mellor director para Cesc Gay[2].
Filmografía
[editar | editar a fonte]Filmes
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Xénero | Ocupación |
---|---|---|---|
2015 | Truman | Comedia | Director e guionista. |
2012 | Una pistola en cada mano | Comedia, Drama | Director e guionista. |
2009 | V.O.S. | Comedia | Director e guionista. |
2006 | Ficción | Drama | Director, guionista e deseñador de son. |
2004 | Canciones de amor y de droga (de Pepe Sales) | Música | Director |
2003 | En la ciudad | Drama | Director e guionista. |
2000 | Kràmpack | Comedia, Drama, Romance | Director e guionista. |
1998 | Hotel Room | Comedia, Drama | Director e guionista. |
Televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Xénero | Ocupación |
---|---|---|---|
2012 - 2013 | La Riera | Drama | Guionista |
2009 - 2010 | 50 años de | Director | |
2001 - 2006 | Jet Lag | Guionista | |
1999 - 2000 | Polar | Comedia, drama | Director e guionista |
Documentais
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Xénero | Ocupación |
---|---|---|---|
2014 | Encants: diari d'un trasllat "Encantes: diario dun traslado" | Comedia | Guionista |
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Xénero | Ocupación |
---|---|---|---|
1991 | La ecuación del vértigo | Actor |
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2015 | Mellor dirección | Truman | Gañador |
2004 | Mellor dirección | En la ciudad | Nomeado |
Mellor guión orixinal | |||
2001 | Mellor director novel | Kràmpack | Nomeado |
Mellor guión adaptado |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2003 | Cuncha de Ouro | En la ciudad | Nomeadda |
2000 | Premio Sebastiane | Kràmpack | Gañador |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Serra, Laura. Diari Ara, ed. "Les nominacions als premis Gaudí auguren un doble duel". Consultado o 29 de xaneiro de 2016.
- ↑ Premios Goya 2015 en IMDB