Ceram
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Molucas continente australiano | |||
Situado na entidade xeográfica | Molucas | |||
Localización | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | provincia das Molucas, Indonesia | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Ceram e Mar de Banda | |||
Características | ||||
Altitude | 1.215 m | |||
Dimensións | 70 () × 320 () km | |||
Punto máis alto | Monte Binaiya (pt) (3.027 m ) | |||
Superficie | 17.454 km² | |||
Ceram ou Seram (tamén chamada Seran ou Serang) é unha illa indonesia pertencente ao arquipélago das Molucas. Cunha extensión de 17,100 km², a súa máxima altura posúea o Monte Binaya, de 3.019 metros. A poboación e porto principal da illa é Masohi.
Como o resto das pertencentes ás Molucas, esta illa pertence ao área da Liña de Wallace, de grande interese científico pola súa rica biodiversidade situada entre o Sueste asiático e Oceanía.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ceram, está atravesada por unha cordilleira central, cuxo punto máis alto é o Monte Binaiya, está cuberta de densas selvas. A súa xeoloxía é moi complexa debido á súa localización na reunión de varias microplacas tectónicas, que foi descrito como "unha das zonas máis tectónicamente complexos na Terra".
Historia
[editar | editar a fonte]A maioría dos habitantes das Molucas consideran Ceram, como o seu ancestral fogar de orixe e aínda é coñecida coloquialmente como Nusa Ina (Illa Nai). Nos séculos XV e XVI, Ceram caeu dentro da esfera de influencia de Ternate, aínda que era máis directamente vasalo de Buru. Os misioneiros portugueses chegaron alí no século XVI. Ao comezo do século XVII abríronse factorías neerlandesas, e a illa quedou baixo o control neerlandés desde 1650. Na década de 1780, Ceram proporcionou unha base de apoio clave para o príncipe Nuku de Tidore na longa rebelión contra o goberno neerlandés.
Administración
[editar | editar a fonte]Ceram, inclúe dúas rexencias dentro da provincia de Maluku. Ceram Oeste (Kabupaten Seram Bagian Barat), con capital en Dataran Hunipopu, que tiña unha poboación en 2003 de 140.657 hab. e Ceram Leste (Kabupaten Seram Bagian Timur), con capital en Dataran Hunimoa, que tiña unha poboación en 2003 de 78.336 habitantes.
Economía
[editar | editar a fonte]Copra, resinas, sagú e peixe son as súas producións máis importantes. Tamén explótase petróleo no nordés, preto de Bula.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ceram |