[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cefoperazona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cefoperazona é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas, para uso veterinario e humano. Foi comerzializada baixo o nome de Cefobid en Estados Unidos para uso en humanos. En España comercialízase como Fortiperazone para uso exclusivo de gando vacún[1].

Espectro de acción

[editar | editar a fonte]

Cefoperazona posúe un amplo espectro antibiótico:

Bacterias grampositivas

Bacterias gramnegativas

Existe actividade in-vitro fronte aos seguintes microorganismos (pero non está avaliada a efectividade clínica): Bordetella pertussis, Neisseria meningitidis, Salmonela spp, Serratia liquefaciens, Shigella spp, Yersinia enterocolitica, Eubacterium spp e Fusobacterium spp[2].

Indicacións clínicas

[editar | editar a fonte]

Cefoperazona foi aprobada unicamente en animais, pola Axencia Europea de medicamentos para o seu uso no gando vacún[3]. Nos Estados Unidos aprobouse en humanos[4] coas seguintes indicacións: infección respiratoria, a peritonite, a sepse, a infección de pel e partes brandas e a infección urinaria.

Embarazo e lactación

[editar | editar a fonte]

Cefoperazona pertence á categoría B da FDA. Secrétase en baixas cantidades no leite materno polo que se aconsella precaución.

  1. "Ficha técnica de "cefoperazona" da AEMPS" (PDF) (en Castelán). 2018. Consultado o 19 setembro 2018. 
  2. "Ficha técnica de "cefoperazona" da FDA" (PDF) (en inglés). Marzo 2015. Consultado o 19 setembro 2018. 
  3. "Ficha técnica de "cefoperazona" da EMA" (PDF) (en inglés). 1998. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de outubro de 2016. Consultado o 19 setembro 2018. 
  4. "Ficha técnica de "cefoperazona" da FDA" (PDF) (en inglés). Marzo 2015. Consultado o 19 setembro 2018.