Catedral de Braga
Catedral de Braga | |
---|---|
Sé de Braga | |
Datos xerais | |
País | Portugal |
Tipo | Catedral |
Advocación | Virxe María |
Localización | Braga (Portugal ; construción: Antigo Reino de Galiza ) |
Coordenadas | 41°33′00″N 8°25′38″O / 41.55, -8.4272222222222 |
Catalogación | Monumento Nacional de Portugal |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | Braga |
Arquitectura | |
Construción | Século XI-1089 (Reino de Galiza) |
Estilo | románico (trazas), Gótico, manuelino, barroco |
Páxina web | http://www.se-braga.pt/catedral.php |
[ editar datos en Wikidata ] |
A catedral de Braga ou sé de Braga é unha catedral católica que se localiza na freguesía da Sé, cidade e concello de Braga, distrito de mesmo nome, en Portugal.
A catedral comeza a se contruír en épocas do aínda Reino de Galiza e se constitúe na sede do bispado fundado, segundo a tradición, polo padrón do reino, Santiago o Maior, que aquí tería deixado como primeiro bispo o seu discípulo, san Pedro de Rates. Debido a esa orixe apostólica é considerada como Sacrosanta Basílica Primacial da Península Ibérica, e o seu arcebispo, Primaz das Espanhas. Posúe liturxia propia, a liturxia bracarense.
Considerada como un centro de irradiación episcopal e un dos máis importantes templos do románico no país, aquí atópanse os túmulos de Henrique de Borgoña, conde de Portugal, e súa dona, a galega Tareixa, pais de Afonso I de Portugal.
Historia
[editar | editar a fonte]Aséntase sobre as fundacións dun antigo mercado ou templo romano dedicado a Isis, conforme testemuña unha pedra votiva na parede leste, e os muros dunha posterior basílica paleocristá.
A súa historia mellor documentada remonta á obra do primeiro bispo, Pedro de Braga, e corresponde á restauración da sé episcopal en 1070, da que se conservan poucos vestixios.
En 1128 comezou a construción dun edificio de cinco capelas na cabeceira, por iniciativa do arcebispo Paio Mendes, parcialmente destruído polo sismo de 1135. Respectando os canons arquitectónicos dos Beneditinos clunicenses, os traballos foron dirixidos por Nuno Paio.
En 1268 as obras aínda non estaban concluídas. O edificio continuou a ser modificado con algunhas intervención artísticas, sendo particularmente significativa a galilea, mandada construír, na fachada, por Jorge da Costa nos primeiros anos do século XVI e que sería concluída por Diogo de Sousa. Este último mandou facer as grades que agora a fechan, tendo aínda alterado o pórtico principal, (destruíndo dúas das súas arquivoltas) e mandado executar a ábsida e a capela maior, obra de João de Castilho datada de inicios do século XVI.
En 1688 destacou a campaña de obras promovida polo arcebispo Rodrigo de Moura Teles, que modificou toda a fachada ao gusto barroco, mandando executar tamén o ciborio que ilumina o cruceiro.
Nas dependencias da antiga casa do Cabido, mandada construír a comezos do século XVIII, polo arcebispo Rodrigo de Moura Teles, encóntrase actualmente o Tesouro Museo da Sé de Braga.
No século XX colocouse xunto aos claustros o túmulo da taumaturga, relixiosa e estigmatizada, irmá Maria Estrela Divina, centro de gran devoción popular. Foi sonado o seu espolio de reliquias sagradas, onde destaca o pedazo dun manto da Virxe María, na Capela das Reliquias. Na catedral atópanse arcas que seica conteñen os ósos de moitos santos, e a lendaria Araca Sagrada, cuxo contido era notábel e que noutrora saía en posesión nos días solemnes de festa. A sé de Braga está declarada Monumento Nacional de Portugal desde 1910.
Características
[editar | editar a fonte]Templo principal
[editar | editar a fonte]O templo románico presentaba a fachada neste estilo, ladeada por dúas torres sineiras onde se abre a portada principal.
O interior está constituído por tres naves, con seis treitos e cobertura de madeira, transepto desenvolvido e unha cabeceira coa ábsida arrodeada por dúas absidiolas. Aínda hoxe se conservan os elementos básicos desta traza, con excepción da cabeceira.
O seu altar está dedicado á Virxe María.[1]
O esencial da escultura románica da Sé sobreviviu até hoxe, estando concentrada nos portais (principal e lateral sur, a chamada "Porta do Sol") e nos chapiteis do corpo do templo.
A igrexa posúa dous órganos de tubos: o órgano do lado do Evanxeo (1737) e o órgano da Epístola (1739), obras de Simãos Fontanes e decorados en talla da autoría de Marceliano de Araújo.
É tamén notábel o túmulo do infante Afonso de Portugal, fillo de Xoán I de Portugal, de estilo e proveniencia flamenga; e a pía bautismal gótico-manuelina.
Capela de San Xeraldo
[editar | editar a fonte]A primitiva capela, da cal só resta a estrutura das paredes, foi mandada erguer polo arcebispo Xeraldo de Moissac, baixo a invocación de San Nicolao.
En 1418-1467 o arcebispo Fernando da Guerra, após Xeraldo de Moissac ter sido considerado santo, dedicou a Capela a este antigo arcebispo de Braga, e os restos do santo sepultados no retablo principal.
A capela está decorada en talla barroca; os azulexos atribúense ao pintor António de Oliveira Bernardes.
No chan atópase a sepultura de Rodrigo de Moura Teles.
Capela dos Reis
[editar | editar a fonte]A exemplo da construción do Mosteiro de Santa María da Vitoria da Batalha, en cumprimento a un voto de agradecemento pola vitoria das armas portuguesas na Batalla de Aljubarrota feito por Xoán I de Portugal, esta capela foi erguida en cumprimento a un voto semellante, feito polo entón arcebispo de Braga, Lourenço Vicente, presente na mesma batalla, en honra da Virxe.
En estilo gótico, encóntranse aquí os túmulos dos pais de Afonso Henriques, Henrique de Borgoña, e a súa dona, Tareixa, e o de Lourenço Vicente.
Capela de Nosa Señora da Gloria
[editar | editar a fonte]Erguida por iniciativa do arcebispo Gonçalo Pereira para o seu monumento funerario.
O 17 de novembro de 1331, o papa Xoán XXII a través da bula "Marita tuae devotionis", concedeu a Gonçalo Pereira a autorización para gastar 6000 floríns de ouro, das rendas da mesa arquiepiscopal, na dotación da capela que planeaba construír.
O arcebispo está sepultado nun túmulo gótico, semellante ao da Sabela de Aragón, en Coímbra, obra de dous escultores: os mestres Pero e Telo García.
Capela de Nosa Señora da Piedade
[editar | editar a fonte]Erguida por iniciativa do arcebispo Diogo de Sousa en 1513, aquí atópase o seu túmulo.
Igrexa da Misericordia de Braga
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Igrexa da Misericordia de Braga.
Templo renacentista incluído no conxunto da Sé de Braga.
Claustro
[editar | editar a fonte]O actual claustro foi construído no século XIX en substitución a un anterior, gótico, e que xa no século XVIII ameazaba ruína.
Aquí atópanse hoxe en día a sepultura da irmá Maria Estrela Divina, relixiosa terciaria estigmatizada, que faleceu con fama de santidade.
Existe outro claustro anexo máis antigo, chamado Claustro dos Reis, onde se encontran sepultados os reis suevos de Gallaecia, segundo unha antiquísima tradición.
Conxunto de campás
[editar | editar a fonte]O primeiro conxunto de campás da Sé foi inaugurado no século XVII. Ao longo dos séculos, os arcebispos de Braga engadiron novos sinos, tornandoo nun dos maiores do país.
En 1996 substituíronse vinte e tres sinos. Os sinos apeados ao longo dos séculos da Sé e das igrexas de Braga atópanse no Tesouro Museo da catedral, que conta con máis de duascentas destas pezas.
Cronoloxía
[editar | editar a fonte]- Século XI – Construción dunha igrexa episcopal so a iniciativa do bispo Pedro (1070-1091), sobre os restos dun grande edificio romano e outro da Alta Idade Media;
- 1089 – Consagración da mesma por Bernardo de Sedirac, arcebispo de Toledo;
- 1096 / 1108 - construción da capela de S. Xeraldo;
- 1118 / 1137 - inicio da reconstrución da Sé so a iniciativa do arcebispo Paio Mendes;
- 1135 - Derrubamento das torres por acción do sismo;
- 1210 - Sancho I legou á Sé 2 mil morabitinos;
- 1212 / 1228 - Reparacións na sancristía e claustro e reconstrución da capela de S. Xeraldo;
- 1326 / 1348 - Gonçalo Pereira manda construír a capela tumularia, coñecida como capela da Gloria, xunto á de S. Xeraldo, ben como pintar o coro;
- 1374 - Lourenço Vicente manda construír, xunto á parede norte da Sé, no lugar onde estaban sepultados os condes Henrique e Tareixa, unha capela, a capela dos reis;
- Século XV - Data do túmulo do infante Afonso de Portugal, fillo de Xoán I;
- 1416 / 1467 - Fernando da Guerra dotou e restaurou a Biblioteca, ben como a capela de S. Xeraldo;
- 1486 / 1501 - Construción da galilea;
- 1505 / 1532 - O arcebispo Diogo de Sousa procede a melloras na portada axial, retirándolle dúas arcadas e o mainel; reconstrución da capela maior, baixo o deseño de João de Castilho; construción do retablo en pedra de ançã; restauración das torres; reconstrución do claustro; restauración da capela de S. Xeraldo;
- 1513 - Construción da capela de Xesús da Misericordia (N.ª Sra. da Piedade);
- Século XVII, finais – Construción da sancristía grande;
- 1704 / 1728 - Reforma ordenada por Rodrigo de Moura Teles; remodelación das capelas laterais; remodelación da capela de S. Xeraldo; aplicación de talla dourada; execución de fiestras para maior entrada de luz; execución dun ciborio no cruceiro e unha cúpula xunto ao coro alto; reforma das dúas torres da fachada;
- 1721 - Transferencia das reixas da capela maior para a galilea;
- 1737 - Data do cadeiral;
- 1737 / 1738 - Construción dos órganos por Frei Simon Fontanes coa colaboración de Marceliano de Araújo;
- 1755 - Terremoto provoca fendas nas torres;
- 1758 / 1789 - obras no claustro; destrución do retablo da capela maior;
- 1930 - Creación do Museo de Arte Sacra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Evolução Histórico - Artística - Rota das Catedrais". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2015. Consultado o 2011-07-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral de Braga |