Castelo de Aranga
Castelo de Aranga | |
---|---|
ben de interese cultural | |
Concello | Aranga |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | románico (séculos X-XII) |
Estado actual | ruínas |
Ben de Interese Cultural | |
Declaración | Resolución DGBAA |
Data | 17 de outubro de 1994 |
Categoría | Monumento |
Código | RI-51-0008824 |
Mapa de localización | |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castelo de Aranga, tamén coñecido como castelo de Almanzor, Hermanzón ou Barmanzón[1][2], foi construído na Alta Idade Media no territorio de Pruzos[3] enriba do antigo Castro de Almanzor[4], sito a 317 m de altitude nun outeiro que domina a desembocadura do río Cambás no río Mandeo, con boas condicións de defensa natural. As ruínas están próximas ó lugar do Barreiro, na parroquia de Aranga, no concello de Aranga.
Historia
[editar | editar a fonte]Idade Media
[editar | editar a fonte]Existen diversos testemuños documentais que mencionan o castelo: no ano 966 unha doazón do bispo Sisnando II de Iria ó mosteiro de Sobrado dos Monxes que inclúe o castelo con todas as súas prestacións; no ano 995 a restauración do mosteiro de Santa Baia de Curtis promovida por San Pedro de Mezonzo, na que doa unha igrexa próxima ó castelo; no século XII outro documento vincula o castelo coa liñaxe dos Traba ou outras liñaxes próximas; por último no século XV o Preito Tabera - Fonseca menciona que foi derrubado nas revoltas irmandiñas.[3]
Escavación
[editar | editar a fonte]No xacemento foi realizada unha escavación arqueolóxica no ano 1944, dirixida por José María Luengo. Rexistráronse varios elementos arquitectónicos: a porta de acceso, unha escaleira tallada na rocha (o que implica pisos a distintos niveis) e varias liñas de defensa (unha delas con seteiras). Recuperáronse fragmentos cerámicos de recipientes de distintas facturas, tellas e ladrillos, restos de madeiras queimadas e unha punta de frecha de ferro. Luengo datou o xacemento entre finais do século X e comezos do XII.[5]
Estado actual
[editar | editar a fonte]Os restos das estruturas quedaron soterrados baixo a maleza e apenas son visibles. Entre eles destacan un muro e mailos elementos tallados na rocha: as escaleiras e unha base cadrada que se supón que pertenceu á torre da homenaxe. O xacemento está catalogado como Ben de Interese Cultural.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Patrimonio Galego - Castelo de Aranga
- ↑ Castelos de Galiza/Galicia: ARANGA: Castelo de Hermanzón, Barmanzón ou Aranga
- ↑ 3,0 3,1 González Paz, Carlos Andrés: Catro exemplos de fortificacións altomedievais galegas do seculo X: Castellum de Aranga, Castellum Minei, Castellum Berreti e castellum de Citofacta, Xunta de Galicia, 2007, p360
- ↑ Mapa 1/25.000 do SigPac
- ↑ Plan Xeral de Ordenación Municipal de Aranga: Catálogo de Patrimonio: Ficha GA-15003121 Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Concello de Aranga, 2013
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- González Paz, C. A. (2007): Catro exemplos de fortificacións altomedievais galegas do seculo X: Castellum de Aranga, Castellum Minei, Castellum Berreti e castellum de Citofacta. Xunta de Galicia. http://hdl.handle.net/10261/23122
- Luengo Martínez, J. Mª.: Exploraciones en el castillo de Aranga, en Cuadernos de estudios gallegos, 1950, T. 6, fasc. 15.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "O noso patrimonio - Castelos de Galiza/Galicia".
- Castelo de Aranga na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |