[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Carolina Panthers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carolina Panthers
Fundado en 1993
Sede en Charlotte, NC
Wordmark dos Carolina Panthers
Wordmark dos Carolina Panthers
Wordmark
Afiliacións de Liga/Conferencia

National Football League (1995–presente)

Uniforme actual
CoresNegro, azul, prata, branco                    
MascotaSir Purr
Cadro de persoal
Propietario(s)Jerry Richardson
PresidenteDanny Morrison
Director xeralDave Gettleman
AdestradorRon Rivera
Historia
  • Carolina Panthers (1995–presente)
Campionatos
Títulos de Liga (0)
Conferencia (2)
  • NFC: 2003, 2015
División (6)
  • NFC Oeste: 1996
  • NFC Sur: 2003, 2008, 2013, 2014, 2015
Estadios

Os Carolina Panthers son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano con sede na cidade de Charlotte, Carolina do Norte. Compiten na National Football League (NFL) como membros da División Sur da National Football Conference (NFC). Con grande apoio nas "Carolinas" (Carolina do Norte e do Sur), os Panthers xogan desde 1996 os seus partidos como local no Bank of America Stadium. Este estadio é propiedade do franquía, o que os converte nun dos poucos equipos da NFL que son propietarios do mesmo. Antes de xogar en Charlotte, na primeira temporada do equipo, disputaron os seus partidos como local en Clemson, Carolina do Sur. A franquía, que ten un valor aproximado de 1.056 millóns de dólares,[1] é dirixida polo fundador do equipo, Jerry Richardson, e a súa familia, os cales posúen un 48% de participación.

Os Panthers naceron como a vixésimo novena franquía da NFL en 1993, o que os converte nun dos equipos máis novos da competición. Comezaron a xogar en 1995, conseguindo no seu primeiro ano o mellor rexistro de vitorias para un equipo de expansión: sete vitorias por nove derrotas, mellorando o seguinte ano até acadar 12 e gañar a súa división. Con todo, acabarían perdendo na final de conferencia ante os Green Bay Packers. Tras varias temporadas con máis derrotas que triunfos, en 2003 conseguen, esta vez si, gañar o título da NFC e conseguir o pase para diputar a Super Bowl XXXVIII, onde perderon por 32–29 ante os New England Patriots. Os de Carolina volverían a disputar a Super Bowl en 2015, aínda que de novo sen éxito tras perder ante os Denver Broncos.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
Quarterbacks

Running backs

Wide receivers

Tight ends

Liña ofensiva

Liña defensiva

Linebackers

Defensive backs

Equipos especiais

Reservas

Equipo de adestramento

Rookies en cursiva
Roster actualizado a 25 de novembro de 2016
Depth ChartTraspasos
53 activos, 10 inactivos, 11 de adestramento

  1. "Carolina Panthers". Forbes (en inglés). 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]